Mostrando entradas con la etiqueta CONSELLOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONSELLOS. Mostrar todas las entradas

2 dic 2013

CLAVES PARA VENDER POR INTERNET CON AUGENBLICK. CONCLUSIÓNS.





Bos días amigos/as!! 

O mércores 27 de novembro tivemos o luxo de contar con Mauricio Mesa e Abilio Almeida, de Augenblick Technologie dentro da convocatoria deste mes do Aula do Emprendedor para expoñernos cales són, ó seu xuizo,  AS CLAVES PARA VENDER POR INTERNET.

Como queremos aprobeitar ó máximo esta experiencia e sabemos que pola limitación de plazas moitos de vós vos quedastes sen poder asistir ó obradoiro..., aquí vos deixamos, emprendedores/as un resumo das mesmas:

- CONTAR CUNHA TENDA ON LINE RESPONSIVE, é dicir, que esté adaptada ós distintos dispositivos móbiles e tamaños de pantalla.

- DISPOR DUN PANEL DE CONTROL cómodo, completo e adaptado ás vosas necesidades.

- DESEÑO COIDADO DA POLÍTICA DE SHIPPING (envíos), tendo en conta as características da mercadoría, packaging e imaxe corporativa.

- TER CLARA A ESTRATEXIA DE MARKETING POR PRODUCTO, pois debe ser posicionado de xeito individual.

- PASARELA DE PAGO confiable, rápida e segura.

- POLÍTICA DE ANÁLISE CONSTANTE DAS VOSAS ESTRATEXIAS, medindo cada campaña e aprendendo das conclusións.




Moitas grazas pola vosa participación e curiosidade emprendedores/as, seguiremos dándovos soporte para facilitar a posta en marcha das vosas ideas de negocio!!! =) =)

Saúdos.




12 nov 2012

CADRANDO AS NOSAS CONTAS COMO AUTÓNOMOS/AS CON EVARISTO DE TC-1.

Bos días emprendedores/as!!

Toca tirar conclusións da excelente ponencia " Cómo ser autónomo e que as contas che cadren", impartida por Evaristo Fandiño, da asesoría TC-1 dentro do "Aula do Emprendedor" do pasado martes 30 de outubro.




Destacar a grande acollida que tivo pola vosa parte emprendedores/as, ateigando  con 33 asistentes a sala de formación, e participando activamente no obradoiro.

Evaristo amosounos que, sen artificios, coa única arma da palabra e do relato dunha experiencia persoal real, pódense transmitir multitude de coñecementos, consellos e valores, que clarifican dúbidas e motivan cara o emprendemento.



Destacaría todo desta charla... pero postos a elixir, vos deixo emprendedores/as, as estratexias de loita que debe ter todo autónomo para acadar o éxito:

- Non deixar de formarse, tanto na actividade a desenvolver como en xeral.
- Perder o medo ó fracaso, non postpoñendo decisións.
- Marcarnos unha meta.
- Buscar a excelencia: "o traballo ben feito non ten competencia".
- Administrar ben os recursos e non sobredimensionarse: "un euro aforrado é un euro gañado".
- Elexir unha boa estratexia-prezo.
- Ser cumpridor/a.
- Buscar xeitos de fidelizar ós clientes.
- Aplicar o sentido común.
- Non rendirse nunca.

Foi un placer emprendedores/as!!! #Tirapadianting sempre!! 

Estamos desexando organizar a vindeira charla =)  Saúdos.


19 oct 2012

CÓMO SER AUTÓNOMO E QUE AS CONTAS CHE CADREN



Bos días emprendedores/as!!!

Continuamos co Aula do Emprendedor, mistura de networking e formación made in Concello de Cangas, coa que pretendemos acompañarvos e guiarvos na vosa tarefa de acadar  ou consolidar un autoemprego planificado e viable.

 Nesta ocasión  contaremos coa colaboración de Evaristo Fandiño da  asesoría TC-1 de Cangas, co obradoiro"Cómo ser autónomo e que as contas che cadren". Será o vindeiro martes, 30 de outubro,  como sempre, na Casa de Oficios Lorenzo Corbacho , situada na Avda. de Bueu nº15- entrechán, en horario de 10:30 a 12:00 horas.

Aquí vos deixo un guión dos principais puntos que se tratarán:

        * Como cheguei a ser autónomo/a.
                    Percorrido por a miña experiencia persoal como autónomo/a.
        * ¿Ser autónomo neste intre? pois claro.
                    Ventaxas e inconvintes.
        *Xa tomei a decisión ¿agora qué?
                    Estratexias a tomar
                  ¿Eu solo ou con socios?
                    O autónomo ante a Administración

Interesante, verdade? Eu non ma perdería!!

Como sabedes, é un evento gratuíto, mais  é necesario preinscribirse. O podedes facer vía mail a dlocal@cangas.org, por teléfono no 986 301 371, ou nas nosas oficiñas, situadas na Praza do Sinal nº5- 2º andar.

Esperamos contar convosco. Non desaproveitedes esta oportunidade de relacionarvos e retoma-las vosas aspiracións no campo do  emprendimento.




11 jul 2012

O "BOCA A BOCA" PARA ATOPAR EMPREGO


É un feito que apenas atopamos ofertas de emprego que se axusten ao noso perfil, ou directamente non encontramos ofertas de emprego. A pregunta que debemos facernos é se non hai ofertas ou se pola contra, non estamos buscando no lugar axeitado.

Neste novo escenario, unha gran porcentaxe de ofertas non se publican ou xa están asignadas antes de que comece a selección, existe un mercado de traballo oculto, ofertas de emprego que nunca ven a luz, que nunca chegan a publicarse pero que pola contra, acaban cubríndose.

As empresas víronse obrigadas a utilizar novas ferramentas (ou non tan novas se botamos unha ollada á historia no recrutamento de persoal) e modelos para captar a los candidatos/as idóneos/as.

Por qué gastar en caros procesos de selección cando os/as traballadores/as da organización poden resultar excelentes recrutadores/as, capaces de presentarnos candidatos e candidatas axeitados ao posto a cubrir? Nestes tempos que corren, quen non ten entre os seus familiares, amigos/as, coñecidos/as, colegas, etc. excelentes profesionais en transición?

Entonces cómo podo acceder a ese mercado oculto? Cómo podo participar del?.

Relacionándonos, está será a pedra angular do “networking”, continuamente estamos participando en actividades con descoñecidos/as, excursións, actividades de grupos, reunións profesionais, etc. Debemos saír da casa e participar en actividades sociais onde dar unha imaxe, onde mellorar a opinión persoal e profesional que os demais teñen de ti, pero o que é máis importante, onde facer aos demais partícipes da túa busca de emprego.

Fai un listado de contactos, descobre cantas persoas coñeces e organiza esa información, sorprenderaste da cantidade de persoas que podes incluír nesa lista, familiares próximos e afastados, amigos/as e amigos/as de amigos/as, coñecidos/as, veciños/as, pero tamén os relacionados co traballo, compañeiros/as anteriores, provedores/as, xefes/as etc.

Móstrate no mundo, se positivo/a e activo/a, non es un/ha desempregado/a máis, es un/ha profesional en transito, e esa é a información que debes transmitir a todos os teus contactos, aproveitando a más mínima ocasión para mostrar as túas capacidades persoais e laborais e buscar o momento axeitado para lanzar a túa mensaxe.

Pero que mensaxe transmito se estou desempregado/a, os meus amigos/as están desempregados/as, o panorama cada vez é peor? Isto é o último que debes transmitir, cada persoa ten a súa opinión da situación que estamos a vivir pero una cousa é segura, ninguén quere xente negativa o seu arredor, apostarías a túa reputación laboral na túa empresa recomendando a unha persoa que sempre se está a queixar de todo? Pois tampouco o fará a persoa á que transmitas esa mensaxe.

A mensaxe que debes transmitir debe ser clara e concisa, sempre cunha actitude positiva que todo o mundo saiba que estás en tránsito. Pensa en todas esas cousas que sempre queres facer pero non tes tempo cando estás a traballar: visitar zonas próximas (sorprenderíache a xente coa que podes chegar a coincidir nunha ruta de sendeirismo) ,visitar amigos/as, facer ese curso de fotografía que tanto te apaixona, mellorar o teu inglés, ou ampliar as túas destrezas laborais nese programa informático que se te resiste. Así cambiará a túa actitude, e cando teñas a oportunidade de facer “networking” falarás nun ton positivo sobre o que estás a facer, e así como quen  non quere a cousa, poderás informar que fas todo iso en tanto non encontras traballo de....

 “Se concreto/a . Un profesional non busca traballo de calquera cousa, busca unha profesión, pero e que ademais a mente humana é selectiva, o que quere dicir que se informas que buscas traballo de “cociñeiro” esa persoa pode facilitarche un contacto de “cociñeiro” pero eu aínda non vin ningún anuncio que diga “necesitase persoa para calquera cosa”, e ti?.

José María García Velázquez. Orientador laboral clube-3.

26 abr 2011

CONSELLOS PARA EVITAR ESTAFAS NA BUSCA DE EMPREGO

Onte pola tarde, puxen a tele, e nun programa destes de reality baseados en testimonios, unha nai contaba, desesperada, coma os seus fillos e o seu marido, en desemprego, foran enganados por falsas empresas que quitaron proveito económico do seu desexo de atopar un traballo.

Ao marxe da dudosa credibilidade deste tipo de magacines, que operan en base a obxectivos de audiencia, o problema prantexado era real, e cada vez máis frecuente.

Non sei se existen mecanismos legais contundentes para frear este tipo de prácticas abusivas, pero a información e o senso común son as nosas mellores armas para, dende os feitos, evita-la súa proliferación.

A continuación vos deixamos unha serie de consellos, que vos farán reflexionar e estar sempre alerta, buscadores/as, dende a atalaia do coñecemento.




CONSELLOS PARA EVITAR FALSOS ANUNCIOS - ESTAFAS EN LIÑA – E ABUSO DO TRABALLO

En tempos de desemprego os anuncios, e os procesos de selección, utilízanse, nalgúns casos para fins fraudulentos, totalmente distintos ós que lle corresponderían. A continuación detallamos unha serie de casos ben coñecidos, e algúns consellos para detectar os falsos anuncios de emprego:

1. Desconfía dos < traballe dende casa > : sobor de todo cando pidan un desembolso económico previo.
2. Ollo cos centros de estudio que ofrecen emprego coa condición de matricularse previamente nun curso. En realidade o que buscan e conseguir o maior número posible de alumnos.
3. Coidado coas empresas de selección que piden cubrir extraños formularios con demasiada información de tipo persoal. Lembra que a información é poder, e poden estar simplemente, buscando información de balde para promocionar productos ou servizos.
4. Atento/a ós anuncios moi xenéricos, que enumeran poucos requisitos ou son moi vagos: ambición, ganas de progresar, dinamismo e cousas polo estilo. Serán con toda probabilidade de perfil comercial e ingresos incertos.
5. Desconfía si o enderezo de contacto que figura no anuncio non te parece lóxico, ou so aparece un número de teléfono que empece por 806 (liñas de pago)
6. Non respondas a ningún anuncio de traballo que requira o teu número de tarxeta de crédito.