Mostrando entradas con la etiqueta PLAN EMPRESA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLAN EMPRESA. Mostrar todas las entradas

12 nov 2012

CADRANDO AS NOSAS CONTAS COMO AUTÓNOMOS/AS CON EVARISTO DE TC-1.

Bos días emprendedores/as!!

Toca tirar conclusións da excelente ponencia " Cómo ser autónomo e que as contas che cadren", impartida por Evaristo Fandiño, da asesoría TC-1 dentro do "Aula do Emprendedor" do pasado martes 30 de outubro.




Destacar a grande acollida que tivo pola vosa parte emprendedores/as, ateigando  con 33 asistentes a sala de formación, e participando activamente no obradoiro.

Evaristo amosounos que, sen artificios, coa única arma da palabra e do relato dunha experiencia persoal real, pódense transmitir multitude de coñecementos, consellos e valores, que clarifican dúbidas e motivan cara o emprendemento.



Destacaría todo desta charla... pero postos a elixir, vos deixo emprendedores/as, as estratexias de loita que debe ter todo autónomo para acadar o éxito:

- Non deixar de formarse, tanto na actividade a desenvolver como en xeral.
- Perder o medo ó fracaso, non postpoñendo decisións.
- Marcarnos unha meta.
- Buscar a excelencia: "o traballo ben feito non ten competencia".
- Administrar ben os recursos e non sobredimensionarse: "un euro aforrado é un euro gañado".
- Elexir unha boa estratexia-prezo.
- Ser cumpridor/a.
- Buscar xeitos de fidelizar ós clientes.
- Aplicar o sentido común.
- Non rendirse nunca.

Foi un placer emprendedores/as!!! #Tirapadianting sempre!! 

Estamos desexando organizar a vindeira charla =)  Saúdos.


17 jul 2012

CREACIÓN DE PROXECTOS DE EMPRESA. BIC GALICIA.

Bos días!!!!

Na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Cangas seguimos enfocados/as no emprendemento.  Por esta razón, e froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Cangas e Bic Galicia, podemos ofrecervos no mes de setembro o curso "Creación de proxectos de empresa- Planificación Empresarial" , de 35 horas.

É unha acción formativa dirixida a emprendedores/as cunha idea empresarial previa. Esta idea se avaliará polo miúdo por cada promotor/a durante o curso, co obxecto de  estudia-la súa viabilidade económica, e saber polo tanto, de xeito previo, se terá éxito ou non.

As sesións realizaranse en horario de 9 a 14 horas na Casa de Oficios Lorenzo Corbacho, en Cangas.

Para poder participar, é necesaria a vosa preinscripción antes do día 24 de agosto, coma sempre, nas oficiñas da Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Cangas, ou ben por teléfono (986 301 371), ou mail (adlcangas@gmail.com).

Asemade, o día 5 de setembro Bic Galicia realizará unha entrevista obrigatoria previa para a avaliación dos proxectos participantes.



Programa:

Emprendedor e Empresa: 11/09/2012
O ámbito de actuación da empresa: 12/09/2012
Os procesos e a organización interna (I): 13/09/2012
Os procesos e a organización interna (II): 14/09/2012

Tutoría 1: Evaluación da memoria descriptiva do proxecto: 18/09/2012

A viabilidade económica e financeira da empresa (I): 24/09/2012
A viabilidade económica e financeira da empresa (II): 26/09/2012
A viabilidade económica e financeira da empresa (III): 28/09/2012

Tutoría 2: Avaliación do plan económico e financeiro: 01/10/2012

Máis información, aquí: "Curso de Creación de Proxectos de Empresa"

Nos vemos, emprendedores/as!!!