Bos días emprendedores/as!!
Toca tirar conclusións do obradoiro “A imaxe comercial como factor clave
na apertura ou relanzamento dun negocio” impartido o
pasado xoves 15 de maio en colaboración con Nélida Carracelas de Imagesc, empresa local adicada ó escaparatismo, decoración
e interiorismo.
Os contidos que se impartiron abordaron
exemplos, consellos e recomendacións para facer que a imaxe comercial xogue
sempre a favor do negocio, como elemento fundamental na captación de clientes.
Así, Nélida recomendounos fuxir de tendas estáticas, rotando
mercancías, productos e servizos de xeito que o cliente perciba ese movemento.
Asemade resaltou a importancia de manterse
sempre esperto/activo respecto ás reacións de clientes e competencia,
aconsellando a lectura do libro “Quén se levou o meu queixo” de Spencer
Johnson.
Manterémosvos informados/as das novas
actividades do "Aula do Emprendedor" para o mes de xuño 2014.
Unha aperta a
todos/as!!