Mostrando entradas con la etiqueta APRENDER. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta APRENDER. Mostrar todas las entradas

2 dic 2013

CLAVES PARA VENDER POR INTERNET CON AUGENBLICK. CONCLUSIÓNS.





Bos días amigos/as!! 

O mércores 27 de novembro tivemos o luxo de contar con Mauricio Mesa e Abilio Almeida, de Augenblick Technologie dentro da convocatoria deste mes do Aula do Emprendedor para expoñernos cales són, ó seu xuizo,  AS CLAVES PARA VENDER POR INTERNET.

Como queremos aprobeitar ó máximo esta experiencia e sabemos que pola limitación de plazas moitos de vós vos quedastes sen poder asistir ó obradoiro..., aquí vos deixamos, emprendedores/as un resumo das mesmas:

- CONTAR CUNHA TENDA ON LINE RESPONSIVE, é dicir, que esté adaptada ós distintos dispositivos móbiles e tamaños de pantalla.

- DISPOR DUN PANEL DE CONTROL cómodo, completo e adaptado ás vosas necesidades.

- DESEÑO COIDADO DA POLÍTICA DE SHIPPING (envíos), tendo en conta as características da mercadoría, packaging e imaxe corporativa.

- TER CLARA A ESTRATEXIA DE MARKETING POR PRODUCTO, pois debe ser posicionado de xeito individual.

- PASARELA DE PAGO confiable, rápida e segura.

- POLÍTICA DE ANÁLISE CONSTANTE DAS VOSAS ESTRATEXIAS, medindo cada campaña e aprendendo das conclusións.




Moitas grazas pola vosa participación e curiosidade emprendedores/as, seguiremos dándovos soporte para facilitar a posta en marcha das vosas ideas de negocio!!! =) =)

Saúdos.




31 oct 2013

APRENDER A EMPRENDER CON INTERPYME. CONCLUSIÓNS FINAIS.




Bos días emprendedores/as!!

Toca tirar conclusión  do   obradoiro "Aprender a emprender" , impartido o pasado martes 29 de outubro de 2013, e dirixido especialmente ós/ás mozos/as emprendedores/as do noso ámbito municipal.          

Queremos comezar agradecendo a numerosa presenza  e activa participación dos máis de cen alumnos/as e profesores/as dos institutos de educación secundaria da localidade (IES María Soliño, IES Rodeira e IES Monte Carrasco),  ateigando o Salón de Plenos. Tamén temos que resaltar e agradecer a dedicación, o esforzo e o "bo facer" dos poñentes,  Tito Iglesias e Mercedes Fernández de Interpyme.

O obradoiro, baseado na transmisión das numerosas experiencias vitais ligadas ó emprendemento dos poñentes, comezou cunha reflexión entre todos/as sobre as principais características da "persoa emprendedora", fundamentais para unha toma de conciencia da  situación de partida global e persoal e puntos de mellora.

A continuación a exposición de exemplos e experiencias, introduciu o debate e a tira de conclusións e recomendacións. Aquí vos deixamos, a modo de resume, un estracto das que nos pareceron máis relevantes: 

1. O  traballo en equipo, e o asociacionismo conforman un "caldo de cultivo" moi positivo para o xurdimento de iniciativas emprendedoras de todo tipo: cultural, deportivo, social, económico...
2. O contacto interxeneracional parece fundamental, tanto para aprender da experiencia como para detectar oportunidades.
3. A investigación e observación do entorno, mostra oportunidades.
4. Viaxar e descubir.
5. Formarse.
6. Desfrutar no camiño.

Destacades algo máis???

Manterémosvos informados/as das novas actividades do "Aula do Emprendedor" para os meses de novembro e decembro de 2013.

Unha aperta a todos/as!!


18 oct 2012

SEMINARIO CREACIÓN DE PROXECTOS DE EMPRESA IGAPE. CONCLUSIÓNS FINAIS.

Bos días amigos/as!!

Finalizado o Seminario de "Creación de Proxectos de Empresa", que se impartiu en Cangas entre o cinco de setembro  e o 3 de outubro de 2012, aproveitadas as 35 horas de formación teórica impartidas por  Manuel Somoza, consultor en SAGIDE S.L., e César Chacón de ANALIZATIS, e as dúas sesións de titoría asociadas ó mesmo polos profesores antes mencionados e por Ana Núñez, técnica no IGAPE, non podemos facer outra cousa que dicir... GRAZAS!


Grazas a profesores e titores/as pola súa cercanía, boas explicacións e profesionalidade. 

Grazas ó IGAPE pola súa colaboración e excelentes materiales de apoio.

Grazas ós vinteseis emprendedores e emprendedoras asistentes, que participaron activamente nas clases, fulminaron records de asistencia, e conseguiron  un ambiente lectivo dinámico e agradabel. 

E grazas tamén a Concelleira de Emprego Berta Pérez Hernández, que forzou un oco na súa axenda para facernos unha visita e coñecer, de primeira man, as necesidades dos/das emprendedores/as do municipio.

Non me esquezo dos alfajores de Manuel Rúa, emprendedor da rama da pastelería que aproveitou para testear e promociona-lo seu producto. Grazas especiais. =)

Esperamos seguir organizando actividades que nos deixen tan bó sabor de boca!!

Un saúdo emprendedores/as!!


11 abr 2012

PROFESIONALES EN TRÁNSITO

Durante moitos anos, buscar traballo xa era considerado un traballo en si, todo bo manual para buscadores de emprego, relataba e relata unha serie de tarefas de obrigado cumprimento,famosas foron as axendas onde anotar las accións diarias, semanais e mensuais na busca de emprego, as listas de contactos, de empresas onde deixar o C.V, etc.

Nesta realidade, que divide os medios de produción da forza do traballo, os profesionais eran considerados como entes estáticos, persoas que adquiriran unha formación e/ou experiencia que os capacitaba para exercer unha profesión, coa única obriga de encontrar ao empregador que lles permitira demostrar ditos coñecementos e destrezas aumentando os beneficios da organización nunha especie de simbiose de por vida.

Que se está a producir un cambio é innegable, que sexa a mellor ou a peor dependerá en boa medida de como sexamos capaces de adaptarnos a estes novos cambios, de cómo sexamos capaces de transitar dun modelo a outro.

Do mesmo xeito que a revolución industrial despobou o campo de man de obra para encher as industrias, que trouxo prosperidade e mellores condicións laborais, agora transitamos a un novo modelo que está a despoboar ditas industrias e desmontando o que ata agora coñecíamos.

A nova situación que estamos a vivir, obríganos a reinventarnos e moi probablemente o novo modelo que se aveciña nos obrigue a facelo de xeito continuado, dándolle un dobre sentido ao concepto de tránsito.

Tránsito porque tal e como se presenta o futuro, nada volverá a ser como antes,a nosa vida será un continuo tránsito, aprendendo e desaprendendo unha e outra vez obrigándonos a reinventarnos continuamente,  a pensar en novas ideas de negocio, a potenciar o talento, a innovación e o desenvolvemento.

E tránsito que nos obriga a estar a cabalo dun modelo e outro, desconcertados, como aquel labrego que tiña que abandonar el campo rumbo á cidade, ao descoñecido intentando descubrir que nos pode servir do que coñecemos, como aproveitar a nosa formación e experiencia, desconcertados porque nunca saberemos en qué momento e onde utilizar a nosa axenda de busca de emprego e en qué momento e onde utilizar a nosa capacidade de desaprender e aprender.

Ábrese un novo mundo de oportunidades, de ti depende adaptarte, superarte y aproveitar as bondades de todo cambio, ou pola contra quedar estancado en vellos modelos e estruturas caducas. O mundo está aí, ti estás aí, descubre un novo mundo a túa imaxe e semellanza.

Que a sorte te acompañe!

José María García Velázquez. Orientador laboral Clube do Emprego-3.