Finalizado o Seminario de "Creación de Proxectos de Empresa", que se impartiu en Cangas entre o cinco de setembro e o 3 de outubro de 2012, aproveitadas as 35 horas de formación teórica impartidas por Manuel Somoza, consultor en SAGIDE S.L., e César Chacón de ANALIZATIS, e as dúas sesións de titoría asociadas ó mesmo polos profesores antes mencionados e por Ana Núñez, técnica no IGAPE, non podemos facer outra cousa que dicir... GRAZAS!
Grazas a profesores e titores/as pola súa cercanía, boas explicacións e profesionalidade.
Grazas ó IGAPE pola súa colaboración e excelentes materiales de apoio.
Grazas ós vinteseis emprendedores e emprendedoras asistentes, que participaron activamente nas clases, fulminaron records de asistencia, e conseguiron un ambiente lectivo dinámico e agradabel.
E grazas tamén a Concelleira de Emprego Berta Pérez Hernández, que forzou un oco na súa axenda para facernos unha visita e coñecer, de primeira man, as necesidades dos/das emprendedores/as do municipio.
Non me esquezo dos alfajores de Manuel Rúa, emprendedor da rama da pastelería que aproveitou para testear e promociona-lo seu producto. Grazas especiais. =)
Esperamos seguir organizando actividades que nos deixen tan bó sabor de boca!!