Bos días emprendedores/as!!
A agricultura ecolóxica e o consumo
responsable son conceptos en alza nunha sociedade que valora cada vez máis o
séu carácter de actividade respectuosa co medio ambiente e coa saúde das
persoas. Esta demanda crecente por parte dos consumidores supón unha
oportunidade para as pequenas explotacións agrarias e negocios complementarios,
favorecendo o mantemento de formas de vida dignas e sostibles no medio rural.
Por esta razón o Concello de Cangas, consciente dos seus recursos
naturais e humanos nalgúns casos pouco aproveitados, con terras de cultivo sen
uso que requiren de iniciativas mobilizadoras impulsa estas Xornadas: NATURALMENTE CANGAS: AGROECOLOXÍA, CONSUMO
RESPONSABLE E DESENVOLVEMENTO LOCAL, co obxecto de dar difusión a
experiencias de aproveitamento de recursos locais, e outras que se
desenvolven noutros espazos que comparten similitudes con Cangas.
TRÍPTICO:
CARTAZ:
Os obxetivos principais son:
-
Crear un espazo de reflexión e
participación cidadán entorno ó aproveitamento dos recursos locais.
-
Difusión de iniciativas
innovadoras no campo da agroecoloxía, a integración social e a valorización
patrimonial.
-
Fomento de novas oportunidades
laborais a partir de recursos endóxenos.
-
Mellorar a calidade de vida dos
veciñ@s.
-
Creación de redes de traballo.
Estructurouse en catro sesións, en horario de
19:00 a 21:00 horas.
Queremos darlle difusión, para que si o
considerades oportuno, asistades e asemade compartades o contido das mesmas cos
vosos contactos.
A inscripción non é obrigatoria, pero
facilitaría a nosa labor debido ás limitacións de aforo do lugar onde se
realizan: O Salón de Plenos do Concello de Cangas.
Agardamos a vosa presenza.
Saúdos!!