3 DE DECEMBRO: XESTIÓN
COLECTIVA DE RECURSOS LOCAIS e XESTIÓN LOCAL DE RECURSOS COLECTIVOS
SUMAMOS ESFORZOS - COMPARTIMOS DECISIÓNS –
OBTEMOS DESENVOLVEMENTO
O xoves 3 de decembro
contamos coa participación das seguintes iniciativas:
Monte Cabalar Trátase dunha cooperativa de explotación comunitaria con máis de 1000
propietarios e conta chunha extensión de 700 hectáreas de monte no Concello da
Estrada. Os seus principais obxectivos son loitar contra o lume e revalorizar o
monte.
CMVMC Couso. Comunidade de Montes do Concello
de Gondomar que conta con iniciativas de dinamización como é a producción
Shii-take, o seu proxecto estrela.
Máis que Románico. Proxecto que se sitúa en
Sober (Lugo) nos que os guías turísticos deseñan distintas rutas para coñecer o
patrimonio que se esconde na Ribeira Sacra. Ademáis de iniciativas como
xornadas e cursos.
Escapadas Rías Baixas. Trátase dun proxecto que comeza no 2009 pero, a partir do 2011
convértese en realidade grazas á empresa Aristóteles Gestión e Turismo SL, coa
intención de colaborar cos negocios e fomentar os destinos turísticos a través
da rede.