Bos días amigos/as!!
O pasado xoves 12 de decembro de 2013, tivemos a sorte de contar con
Antonio Pérez, profesional da Asesoría
ACEGA, para brindarnos
recomendacións, consellos, trucos e exemplos para avaliar, de xeito sinxelo e rápido, a nosa
idea de negocio.
En
primeiro lugar identificamos de xeito claro a nosa idea, que debe ser adaptada ós nosos gustos e aficións, e que seguro será un éxito se realmente nos
apaixona.
Despois desenvolveremos o
modelo de negocio máis axeitado para a nosa idea, tendo en conta a
proposta de valor que lle ofreceremos ó mercado.
En terceiro lugar definiremos a e
stratexia de negocio a corto e medio prazo... pois temos que ter sempre en conta, emprendedores/as, a ónde queremos chegar, e qué nos axuda ou impide conseguilo.
Posteriormente, Antonio Pérez falounos da importancia de facer unha
proba de mercado, de non ter medo a comentar e explicar a nosa idea, buscando propostas que a enriquezan.
Por último, claro está, toca facer contas e
analizar a rendibilidade da idea, pois non só debe ser útil e desexable, senón que tamén nos ten que xerar ingresos suficientes.
Pois nada máis, amigos/as, só me resta
agradecer coma sempre a vosa multitudinaria presencia e participación nas convocatorias do
Aula do Emprendedor do
Concello de Cangas, ateigando as nosas salas formativas, e dicirvos que por cortesía de Antonio, os 20 asistentes recibiredes vía correo electrónico a presentación power point que utilozou na ponencia.
Nos vemos nas vindeiras edicións do
Aula do Emprendedor!!
Unha aperta.