Chega o verán... e aumentan de xeito exponencial as nosas posibilidades de acudir a unha entrevista de traballo, proba de selección e demáis para cubrir postos de carácter estacional.
Como aínda non temos aberto o "Clube do Emprego", e nos parece fundamental preparar estes temas, dende a Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Cangas, vos queremos dar uns pequenos consellos para que superedes estes molestos trámites e acadedes os vosos obxectivos profesionais.
Aquí tedes os tipos de probas que vos podedes atopar:
TIPOS DE PROBAS | ||
Probas profesionais | Evalúan coñecementos propios dunha profesión | · Probas e exámes profesionais. |
Probas psicotécnicas | Evalúan o potencial do candidato/a | De aptitud ou eficiencia |
Dinámicas de grupo | Evalúan o comportamento dun candidato dentro do grupo | Simulacións |
... Pero, cómo nos enfrentamos a elas?? Os/as expertos/as recomendan:
1. Controla os teus nervos. Non te axudarán a pasar a proba e poden facer que des a impresión de ser unha persoa intranquila. O mellor é mostrar unha actitude de confianza.
2. Sé sinceiro/a, pero véndete ben.
Concéntrate en ser auténtico/a, xa que existen xeitos de medi-lo grao de sinceridade.
3.Sé espontáneo/a.
Non penses demasiado no que vas a contestar. Se lle das moitas voltas pensarán que es moi dubitativo/a.
4.No caso dos test, se ningunha das alternativas que che ofrecen como respuesta corresponde coa túa forma de ser, elixe a que máis se aproxime.
5. Entrénate, practica, simula, domina a situación.
Qué vos parece? Faciliño... verdade??? Sorte. TIRAPADIANTING!!!! ;D