16 dic 2015

ENQUISA XORNADAS AGROECOLOXÍA


Á finalización de cada xornada repartiuse un cuestionario de avaliación anónimo e  voluntario ás persoas participantes, co obxecto de avaliar distintos aspectos e extraer medidas de mellora para seguir traballando neste ámbito. Recolléronse un total de 114 enquisas:     
26 de novembro: 40 enquisas.
1 de decembro: 34 enquisas.
3 de decembro: 23 enquisas.
10 de decembro: 17 enquisas.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!
A continuación reproducimos gráficamente as conclusións extraídas das mesmas.

Pregunta 1:Os contidos desenvolvidos hoxe resultaron útiles e se adaptaron ás miñas expectativas
Pregunta 2: "A tipoloxía da formación (xornada participativa) foi axeitada para a consecución dos meus obxectivos"
Pregunta 3: "As instalacións físicas foron axeitadas para o desenvolvemento da actividade"
Pregunta 4: "En xeral, a miña satisfacción respecto ó desenvolvemento da actividade é boa"
Pregunta 5: "Recomendaría a outras persoas realizar esta actividade"
Pregunta 6: "Cómo te enteraches destas actividades?"
Pregunta 7: "Incluirías outro contidos relacionados coa temática NATURALMENTE CANGAS?" 
Pregunta 8: "Qué outras accións sería interesante realizar en relación co proxecto?" 
 Pregunta 9: "O que se debería mellorar é..." 
 

15 dic 2015

Xornadas de Agroecoloxía 10 de decembro


10 DE DECEMBRO: PRODUCIÓN LOCAL DE ALIMENTOS E INTEGRACIÓN SOCIAL.

TERRA PARA VIVIR - IDEAS PARA CONSTRUÍR - CANGAS SUSTENTABLE

O xoves, 10 de decembro de 2015 tivemos a sorte de contar cos seguintes participantes:

Alborada Consiste nunha Asociación Cidadá de Loita Contra a Droga para a prevención, o tratamento e a inserción das persoas consumidoras de drogas, desenvolve o Programa Verdear fomentando a agricultura ecolóxica en Vigo con usuarios dos centros. Sitúase nos montes de Cabral (Vigo) e ten como obxectivo principal mellorar o acceso ó emprego.

Ultra_Alimento Iniciativa formada por un ultramarinos situado na praza de abastos de Lalín que aposta pola transformación social e a integración. Pretende a interacción social, presta unha atención personalizada, comparte vivencias e costumes relacionadas coa horta e establece alternativas de consumo. Ademáis ofrece charlas en colexios e asociacións interesadas co produto local.

Asociacion DOA: “O Juerto”. Esta experiencia parte da Asociación DOA de Saúde Mental co obxectivo de insertar no mundo socio laboral ós usuarios a través dun entorno coñecido como é a agricultura. Tamén traballan para lograr o máximo punto de autonomía dos usuarios.
Os produtos e as actividades atópanse relacionadas entre sí, contribuíndo ó reforzo positivo do seu esforzo no traballo. Esta iniciativa pon en valor a agricultura ecolóxica e tradicional.

Damos por rematadas as xornadas,vémonos nas próximas sesións

Un saúdo!!

7 dic 2015

Xornadas de agroecoloxía 3 de decembro



3 DE DECEMBRO: XESTIÓN COLECTIVA DE RECURSOS LOCAIS e XESTIÓN LOCAL DE RECURSOS COLECTIVOS

SUMAMOS ESFORZOS - COMPARTIMOS DECISIÓNS – OBTEMOS DESENVOLVEMENTO

O xoves 3 de decembro contamos coa participación das seguintes iniciativas:

Monte Cabalar Trátase dunha cooperativa de explotación comunitaria con máis de 1000 propietarios e conta chunha extensión de 700 hectáreas de monte no Concello da Estrada. Os seus principais obxectivos son loitar contra o lume e revalorizar o monte.
CMVMC Couso. Comunidade de Montes do Concello de Gondomar que conta con iniciativas de dinamización como é a producción Shii-take, o seu proxecto estrela.
Máis que Románico. Proxecto que se sitúa en Sober (Lugo) nos que os guías turísticos deseñan distintas rutas para coñecer o patrimonio que se esconde na Ribeira Sacra. Ademáis de iniciativas como xornadas e cursos.
Escapadas Rías Baixas. Trátase dun proxecto que comeza no 2009 pero, a partir do 2011 convértese en realidade grazas á empresa Aristóteles Gestión e Turismo SL, coa intención de colaborar cos negocios e fomentar os destinos turísticos a través da rede. 


2 dic 2015

Xornadas de Agroecoloxía 1 de decembro



QUÉ COMEMOS E DE ÓNDE O TRAEMOS
+ CALIDADE DE ALIMENTOS - EMISIÓNS DE CO2 = COMEMOS CANGAS







O pasado martes, 1 de decembro tivemos a sorte de contar coas seguintes iniciativas invitadas:
Mercado de Alimento Labrego. É unha iniciativa que xurde por parte do Concello de Teo; un mercado no que, unha vez á semana, é o punto de encontro entre produtores e consumidores.
Potencia o consumo de produto local e fomenta o comercio de proximidade.
Grupo de Consumo Semente. É un colectivo de Oursense que buscan que os produtos que mercan sexan saludables e respetuosos co entorno, contribuíndo a manter vivo o comercio rural forxando relacións de confianza entre o vendedor e o comprador.
Nutre En Bio. Cooperativa adicada ó cultivo de produtos de agricultura ecolóxica, que comercializa con produtos frescos de horta, cunha venta directa e entrega a domicilio.
Papirrubios da Granxa. Grupo autoxestionado de consumo responsable, que comeza a funcionar no ano 2013. Ten os seus pilares no traballo compartido e na colaboración entre ambos.