Que é? Que servizos presta?:
O Clube de Emprego é un proxecto, dinámico e en constante evolución, que busca crear
emprego a nivel local.
É un servizo municipal de información, orientación e dinamización laboral, complementario ó
Servizo Público de Emprego, que incide sobre os seguintes aspectos:
1. Mediación entre a oferta e demanda de traballo
Asesoramento laboral
Bolsa de emprego
2. Autoemprego
Asesoramento para a creación de empresas
Difusión do espírito emprendedor
3. Formación
Accións formativas puntuais que inciden en aspectos básicos para a
mellora da empregabilidade: alfabetización informática, organización do tempo na
busca de emprego, motivación, actitudes, etc.
Pretendemos crear un espazo de comunicación entre:
- desempregados/as
- empresas
- voluntarios/as
- estudantes
- emprendedores/as
- institucións
que permita crear emprego, como fin último.
5. Fomento das novas tecnoloxías
Utilización do correo electrónico coma medio preferente de comunicación e
utilización das redes 2.0.
§ Publicación ofertas de emprego
§ Publicación de información de interese para a busca de emprego
§ Iiformación para o emprendimento
§ Formación
§ Novas económicas
§ Reflexión e debate
b) Creación dun blog: www.adlcangas.blogspot.com
Como debo facer para inscribirme?:
A inscrición neste servizo é de carácter gratuito.
Servizo personalizado, aberto permenentemente, que requiere cita previa.
NOTA IMPORTANTE: Este servizo está suspendido temporalmente .
MODALIDADE PARA DESEMPREGADOS/AS
Está supeditada a que nese momento esté aberto o servizo, que se presta en convocatorias temporais pechadas.
Para inscribirse na bolsa de emprego, haberá que cubrir a solicitude facilitada nas oficinas do Clube do Emprego.
Unha vez cuberta a ficha de inscrición deberán facilitar o séu currículo (ou a documentación necesaria para a súa elaboración) e unha fotografía, e darase de alta na base de datos como demandante de emprego.
O currículo xunto coa fotografía pódese enviar ó noso enderezo de correo electrónico: adlcangas@gmail.com para axiliza-los trámites.
MODALIDADE PARA EMPRESAS
Este servizo está aberto permanentemente.
Para inscribirse na base de datos como empresa colaboradora, deberán facilita-la seguinte información: nome da empresa, enderezo, teéfono, fax, e-mail, C.I.F. e persoa de contacto
Asemade, para realizar unha demanda de persoal será necesario contactar con nós, solicitándonos un perfil de candidatos/as determinado.
Os currículos das persoas que cumprarn o perfil demandado será enviados por coreo electrónico ou entregados persoalmente, previa autorización polos usuarios/as..
MODALIDADE PARA EMPRENDEDORES
NOTA IMPORTANTE: Este servizo está suspendido temporalmente .