Bos días emprendedores/as!!!
Continuamos co Aula do Emprendedor, mistura de networking e formación made in Concello de Cangas, coa que pretendemos acompañarvos e guiarvos na vosa tarefa de acadar ou consolidar un autoemprego planificado e viable.
Nesta ocasión contaremos coa colaboración de Evaristo Fandiño da asesoría TC-1 de Cangas, co obradoiro"Cómo ser autónomo e que as contas che cadren". Será o vindeiro martes, 30 de outubro, como sempre, na Casa de Oficios Lorenzo Corbacho , situada na Avda. de Bueu nº15- entrechán, en horario de 10:30 a 12:00 horas.
Aquí vos deixo un guión dos principais puntos que se tratarán:
* Como cheguei a ser autónomo/a.
Percorrido por a miña experiencia persoal como autónomo/a.
* ¿Ser autónomo neste intre? pois claro.
Ventaxas e inconvintes.
*Xa tomei a decisión ¿agora qué?
Estratexias a tomar
¿Eu solo ou con socios?
O autónomo ante a Administración
Interesante, verdade? Eu non ma perdería!!
Como sabedes, é un evento gratuíto, mais é necesario preinscribirse. O podedes facer vía mail a dlocal@cangas.org, por teléfono no 986 301 371, ou nas nosas oficiñas, situadas na Praza do Sinal nº5- 2º andar.
Esperamos contar convosco. Non desaproveitedes esta oportunidade de relacionarvos e retoma-las vosas aspiracións no campo do emprendimento.