Toca tirar conclusións da excelente ponencia " Cómo ser autónomo e que as contas che cadren", impartida por Evaristo Fandiño, da asesoría TC-1 dentro do "Aula do Emprendedor" do pasado martes 30 de outubro.
Destacar a grande acollida que tivo pola vosa parte emprendedores/as, ateigando con 33 asistentes a sala de formación, e participando activamente no obradoiro.
Evaristo amosounos que, sen artificios, coa única arma da palabra e do relato dunha experiencia persoal real, pódense transmitir multitude de coñecementos, consellos e valores, que clarifican dúbidas e motivan cara o emprendemento.
Destacaría todo desta charla... pero postos a elixir, vos deixo emprendedores/as, as estratexias de loita que debe ter todo autónomo para acadar o éxito:
- Non deixar de formarse, tanto na actividade a desenvolver como en xeral.
- Perder o medo ó fracaso, non postpoñendo decisións.
- Marcarnos unha meta.
- Buscar a excelencia: "o traballo ben feito non ten competencia".
- Administrar ben os recursos e non sobredimensionarse: "un euro aforrado é un euro gañado".
- Elexir unha boa estratexia-prezo.
- Ser cumpridor/a.
- Buscar xeitos de fidelizar ós clientes.
- Aplicar o sentido común.
- Non rendirse nunca.
Foi un placer emprendedores/as!!! #Tirapadianting sempre!!
Estamos desexando organizar a vindeira charla =) Saúdos.