Bos días amigos/as!!
O mércores 27 de novembro tivemos o luxo de contar con Mauricio Mesa e Abilio Almeida, de Augenblick Technologie dentro da convocatoria deste mes do Aula do Emprendedor para expoñernos cales són, ó seu xuizo, AS CLAVES PARA VENDER POR INTERNET.
Como queremos aprobeitar ó máximo esta experiencia e sabemos que pola limitación de plazas moitos de vós vos quedastes sen poder asistir ó obradoiro..., aquí vos deixamos, emprendedores/as un resumo das mesmas:
- CONTAR CUNHA TENDA ON LINE RESPONSIVE, é dicir, que esté adaptada ós distintos dispositivos móbiles e tamaños de pantalla.
- DISPOR DUN PANEL DE CONTROL cómodo, completo e adaptado ás vosas necesidades.
- DESEÑO COIDADO DA POLÍTICA DE SHIPPING (envíos), tendo en conta as características da mercadoría, packaging e imaxe corporativa.
- TER CLARA A ESTRATEXIA DE MARKETING POR PRODUCTO, pois debe ser posicionado de xeito individual.
- PASARELA DE PAGO confiable, rápida e segura.
- POLÍTICA DE ANÁLISE CONSTANTE DAS VOSAS ESTRATEXIAS, medindo cada campaña e aprendendo das conclusións.
Moitas grazas pola vosa participación e curiosidade emprendedores/as, seguiremos dándovos soporte para facilitar a posta en marcha das vosas ideas de negocio!!! =) =)
Saúdos.