Bos días emprendedores/as!!
Toca tirar conclusión do obradoiro "Aprender a emprender" , impartido o pasado martes 29 de outubro de 2013, e dirixido especialmente ós/ás mozos/as emprendedores/as do noso ámbito municipal.
Queremos comezar agradecendo a numerosa presenza e activa participación dos máis de cen alumnos/as e profesores/as dos institutos de educación secundaria da localidade (IES María Soliño, IES Rodeira e IES Monte Carrasco), ateigando o Salón de Plenos. Tamén temos que resaltar e agradecer a dedicación, o esforzo e o "bo facer" dos poñentes, Tito Iglesias e Mercedes Fernández de Interpyme.
O obradoiro, baseado na transmisión das numerosas experiencias vitais ligadas ó emprendemento dos poñentes, comezou cunha reflexión entre todos/as sobre as principais características da "persoa emprendedora", fundamentais para unha toma de conciencia da situación de partida global e persoal e puntos de mellora.
A continuación a exposición de exemplos e experiencias, introduciu o debate e a tira de conclusións e recomendacións. Aquí vos deixamos, a modo de resume, un estracto das que nos pareceron máis relevantes:
1. O traballo en equipo, e o asociacionismo conforman un "caldo de cultivo" moi positivo para o xurdimento de iniciativas emprendedoras de todo tipo: cultural, deportivo, social, económico...
2. O contacto interxeneracional parece fundamental, tanto para aprender da experiencia como para detectar oportunidades.
3. A investigación e observación do entorno, mostra oportunidades.
4. Viaxar e descubir.
5. Formarse.
6. Desfrutar no camiño.
Destacades algo máis???
Manterémosvos informados/as das novas actividades do "Aula do Emprendedor" para os meses de novembro e decembro de 2013.
Unha aperta a todos/as!!