Ao marxe da dudosa credibilidade deste tipo de magacines, que operan en base a obxectivos de audiencia, o problema prantexado era real, e cada vez máis frecuente.
Non sei se existen mecanismos legais contundentes para frear este tipo de prácticas abusivas, pero a información e o senso común son as nosas mellores armas para, dende os feitos, evita-la súa proliferación.
A continuación vos deixamos unha serie de consellos, que vos farán reflexionar e estar sempre alerta, buscadores/as, dende a atalaia do coñecemento.
<a href="http://www.foto-gratis.es">Foto Gratis</a>
CONSELLOS PARA EVITAR FALSOS ANUNCIOS - ESTAFAS EN LIÑA – E ABUSO DO TRABALLO
1. Desconfía dos < traballe dende casa > : sobor de todo cando pidan un desembolso económico previo.
2. Ollo cos centros de estudio que ofrecen emprego coa condición de matricularse previamente nun curso. En realidade o que buscan e conseguir o maior número posible de alumnos.
3. Coidado coas empresas de selección que piden cubrir extraños formularios con demasiada información de tipo persoal. Lembra que a información é poder, e poden estar simplemente, buscando información de balde para promocionar productos ou servizos.
4. Atento/a ós anuncios moi xenéricos, que enumeran poucos requisitos ou son moi vagos: ambición, ganas de progresar, dinamismo e cousas polo estilo. Serán con toda probabilidade de perfil comercial e ingresos incertos.
5. Desconfía si o enderezo de contacto que figura no anuncio non te parece lóxico, ou so aparece un número de teléfono que empece por 806 (liñas de pago)
6. Non respondas a ningún anuncio de traballo que requira o teu número de tarxeta de crédito.