É un feito que apenas atopamos ofertas de emprego que se axusten ao noso
perfil, ou directamente non encontramos ofertas de emprego. A pregunta que
debemos facernos é se non hai ofertas ou se pola contra, non estamos buscando
no lugar axeitado.
Neste novo escenario, unha gran porcentaxe de ofertas non se publican ou xa
están asignadas antes de que comece a selección, existe un mercado de traballo
oculto, ofertas de emprego que nunca ven a luz, que nunca chegan a publicarse
pero que pola contra, acaban cubríndose.
As empresas
víronse obrigadas a utilizar novas ferramentas (ou non tan novas se botamos
unha ollada á historia no recrutamento de persoal) e modelos para captar a los
candidatos/as idóneos/as.
Por qué gastar en caros procesos de selección cando os/as traballadores/as da
organización poden resultar excelentes recrutadores/as, capaces de presentarnos
candidatos e candidatas axeitados ao posto a cubrir? Nestes tempos que corren,
quen non ten entre os seus familiares, amigos/as, coñecidos/as, colegas, etc.
excelentes profesionais en transición?
Entonces cómo podo acceder a ese mercado oculto? Cómo podo participar del?.
Relacionándonos, está será a pedra angular do “networking”,
continuamente estamos participando en actividades con descoñecidos/as, excursións,
actividades de grupos, reunións profesionais, etc. Debemos saír da casa e
participar en actividades sociais onde dar unha imaxe, onde mellorar a
opinión persoal e profesional que os demais teñen de ti, pero o que é máis
importante, onde facer aos demais partícipes da túa busca de emprego.
Fai un listado de contactos, descobre cantas persoas coñeces e
organiza esa información, sorprenderaste da cantidade de persoas que podes
incluír nesa lista, familiares próximos e afastados, amigos/as e amigos/as de amigos/as,
coñecidos/as, veciños/as, pero tamén os relacionados co traballo, compañeiros/as anteriores, provedores/as, xefes/as etc.
Móstrate no mundo, se positivo/a e activo/a, non es un/ha desempregado/a máis, es un/ha profesional en transito, e esa é a información que debes transmitir a todos os
teus contactos, aproveitando a más mínima ocasión para mostrar as túas
capacidades persoais e laborais e buscar o momento axeitado para lanzar a túa mensaxe.
Pero que mensaxe transmito se estou desempregado/a, os meus amigos/as están
desempregados/as, o panorama cada vez é peor? Isto é o último que debes
transmitir, cada persoa ten a súa opinión da situación que estamos a vivir pero
una cousa é segura, ninguén quere xente negativa o seu arredor, apostarías a
túa reputación laboral na túa empresa recomendando a unha persoa que sempre se
está a queixar de todo? Pois tampouco o fará a persoa á que transmitas esa
mensaxe.
A mensaxe que debes transmitir debe ser clara e concisa, sempre
cunha actitude positiva que todo o mundo saiba que estás en tránsito. Pensa en
todas esas cousas que sempre queres facer pero non tes tempo cando estás a
traballar: visitar zonas próximas (sorprenderíache a xente coa que podes chegar
a coincidir nunha ruta de sendeirismo) ,visitar amigos/as, facer ese curso de
fotografía que tanto te apaixona, mellorar o teu inglés, ou ampliar as túas
destrezas laborais nese programa informático que se te resiste. Así cambiará a
túa actitude, e cando teñas a oportunidade de facer “networking” falarás nun ton
positivo sobre o que estás a facer, e así como quen non quere a cousa, poderás
informar que fas todo iso en tanto non encontras traballo de....
“Se concreto/a” . Un
profesional non busca traballo de calquera cousa, busca unha profesión, pero e
que ademais a mente humana é selectiva, o que quere dicir que se informas que
buscas traballo de “cociñeiro” esa persoa pode facilitarche un contacto de
“cociñeiro” pero eu aínda non vin ningún anuncio que diga “necesitase persoa
para calquera cosa”, e ti?.
José María García Velázquez. Orientador laboral clube-3.