Bos días!!!
Ríos de tinta corren en medios de comunicación e publicacións de todo tipo sobre a INNOVACIÓN, e todo o que ela implica: creatividade, estratexia, coñecemento, enfoque, investigación... constituíndose en tendencia, en recurso imprescindible que debe manexar un/ha emprendedor/a, sobre todo en situacións de incertidume e escasez de recursos coma o actual.
A innovación é pois un elemento que debemos ter sempre presente nas nosas ideas, proxectos e reflexións.
O vindeiro xoves 26 de xullo o AULA DO EMPRENDEDOR contará coa axuda innestimable de David Sotelo Seguín, consultor fiscal e de negocios en masmetodo , así como a colaboración de Esther Medraño González e Emma María Martínez Ovin, socias de Vínculo Centro de Atención Temprana, cos/coas que traballaremos sobre o tema "Orientación e xestión da innovación nos novos proxectos empresariais"
Será, como sempre, de 10:30 a 12:00 horas, na Casa de Oficios Lorenzo Corbacho, gratuíta, e precisando-la vosa inscripción previa nas nosas oficiñas, ou ben por teléfono 986 301 371, ou mail: adlcangas@gmail.com.
Aquí vos deixo unha breve reseña do obradoiro.
Nos vemos o día 26 de xullo emprendedores/as!!!! =)