Chega o verán, un momento no que emprendedores/a e buscadores/as deberemos estar máis atentos/as que nunca para poder detectar oportunidades que nos permitan acadar ou crear o emprego que procuramos.
Emprendendo…¿por onde empezar? Tendencias de mercado, sectores
emerxentes e recursos endóxenos.
Na cabeza do emprendedor/a descorren numerosas ideas,
unhas poucas poden derivar en proxectos
e algún deses proxectos poden concluír nunha iniciativa empresarial.
As ideas emprendedoras non xorden gratuitamente,
solen nacer a partir da observación do entorno, da captación de tendencias e oportunidades que nos ofrece o
territorio, a sociedade, a economía, etc. unido ás propias capacidades e
formación do emprendedor/a.
Así pois, é preciso mellorar a sensibilidade e
capacidade dos emprendedores/as para detectar e captar oportunidades de negocio
a partir de tendencias do entorno e outras experiencias empresariais.
Obxectivos
§
Saber
identificar os puntos fortes do emprendedor/a.
§
Mellorar
a sensibilidade e capacidade de identificar tendencias, oportunidades e recursos endóxenos.
§
Favorecer
a actitude e a sensibilidade emprendedora.
§
Dar
a coñecer o concepto de proposta de valor.
§
Identificar
as fases previas a una iniciativa emprendedora.
Metodoloxía
Os poñentes coñecen de primeira man experiencias
emprendedores que recentemente se deron no noso entorno. A partir destes
casos se establecerá un diálogo cos asistentes cara a identificar os
puntos fortes e as tendencias que favorecen o desenvolvemento de tales
proxectos. Este diálogo servirá para activar mentalmente os participantes,
clarificar conceptos e mellorar a capacidade para identificar ideas
emprendedoras.
Programa
- Presentación
- Introdución dós conceptos: fortalezas, oportunidade e proposta de
valor.
- Exposición de pequenas experiencias emprendedoras do noso entorno,
análise e diálogo cós participantes.
- As fases previas a una iniciativa emprendedora.
- Conclusións
Dirixido
a empresarios e potenciais emprendedores
Data: Martes 3 de xullo de 2012
Lugar: Casa de Oficios Lorenzo Corbacho
Hora: 10:30 horas
Duración aproximada: 1 hora e media.
Necesaria preinscripción nas oficiñas da Axencia de Desenvolvemento Local de Cangas.
ESPERÁMOSVOS!!!