Bos días!!
O que sabemos todos/as hoxe en día é que para a maioría das ofertas de
traballo hai moitas candidaturas para un mesmo posto, pero non por iso imos a
deixar de presentar o noso currículo.
O
noso obxectivo é conseguir unha entrevista, pero...¿ qué podemos facer para que o
noso currículo destaque de entre os demáis?
De seguido daremos algúns
consellos:
·
Hai que
coidar a presentación. Aínda que pareza obvio, debe estar escrito a ordenador,
sen faltas de ortografía e sen tachóns. Por poñer un exemplo: se cambiaches de
número de teléfono,tes que facer un novo currículo, non taches o anterior e o
poñas a man, pois da mala imaxe.
·
Á hora de
redactalo, debes elixir unha letra normal (arial, times new roman…)porque senón
dificultarás a lectura, e dun tamaño de ata 12 puntos, e manter as marxes.
·
Resalta o
máis importante, como os datos persoais: debes deixalos ben claros. O nome e
sobre todo o medio de contacto, ben sexa o teléfono ou/e o email.
·
O CV ten que
ser claro e conciso. O que queremos dicir é que evites usar frases que non
aporten nada ou frases feitas.
·
Como saberás
xa, o CV non debe ter máis de dúas páxinas, preferiblemente debe ter unha. No
caso de que teñas moita experiencia ou/e formación, e non te colle nunha soa
páxina, non debes comprimir a información, posto que tampouco se vería moi ben
nin se entendería, incluso daría mala imaxe, neste caso, o que poderías facer é
poñer a experiencia ou a formación referida ao posto.
·
Usa palabras
curtas e frases breves para evitar erros de comunicación cando redactes o
currículo. E tamén evita as abreviaturas porque se non son moi obvias pode
inducir ao erro.
· Inclúe unha
foto actual e de tamaño carné, destinada para o currículo. Preferiblemente
posta arriba á dereita,posto que é máis
visible.
·
Non esquezas
adapta-lo currículo a cada oferta de emprego que o envíes. E aínda que fagas
autocandidatura tamén o debes adaptar, ¿cómo? pois investigando a empresa,
sabendo qué postos existen nela, para saber que perfil poden precisar.
Jenifer Cristóbal Fernández. Orientadora laboral.