Queremos agradecer a vosa presencia na xornada de presentación do servizo SMART PEME da Deputación de Pontevedra no Concello de Cangas realizada o pasado 29 de novembro.
“SMART PEME” é un servizo de asesoramento
gratuíto a emprendedores, autónomos e pequenas empresas especializado no uso e
aplicación das TIC no eido empresarial, baseado nas seguintes accións:
- Impartición de obradoiros formativos temáticos referentes ó uso das TICs e a implantación do comercio electrónico entre as pequenas empresas.
- Eventos de networking trimestrais, coa participación de profesionais de prestixio.
- Asesoramento especializado en función das necesidades TIC co obxecto de aumentar a productividade e a competitividade das empresas.
As oficinas Smart Peme máis cercanas a Cangas están ubicadas en Vigo ( na Rúa Oporto nº3), e en Pontevedra (no edificio da Deputación de Pontevedra), e no enlace que achegamos poderedes obter información precisa de como beneficiarse dos seu servizos:
www.smartpeme.depo.es
Dende o noso departamento vos emprazamos a que lle saquedes o máximo partido, emprendedor@s!
Saúdos,