Bos días amigos!!
A UCETAG, en colaboración co Concello de Cangas, vai impartir
a acción formativa gratuíta “Asembleas e Reunións” no centro
formativo do Concello (Casa de Oficios Lorenzo Corbacho, situado na Avda. de
Bueu nº15- Entrechán), de 30 horas de duración, que consideramos pode ser do
voso interese.
Trátase dunha formación mixta, con 24 horas aproximadas de formación
on-line (do 1 de marzo ó 15 de abril), e dúas sesións presenciais os días
8 de marzo e 12 de abril en horario de 17 a 20 horas, ámbalas dúas de asistencia
obrigatoria.
Está dirixido a persoas interesadas no mundo do cooperativismo,
asociacionismo, e en xeral a todas aquelas que queiran mellorar as súas reunións.
As inscricións realizaranse no seguinte formulario online, antes do 22 de febreiro:
Entregarase diploma acreditativo.
Estamos á vosa disposición para aclarar calqueira dúbida ó respecto.
Saúdos!