13 mar 2012

E TÍ... TÉS CLARO O TEU OBXECTIVO PROFESIONAL?



Mamá, de maior quero ser artista!

Qué emprego buscas? Cales son os teus obxectivos profesionais? Antes de comezar a túa busca de emprego tes que ter claro qué vas buscar. A primeira actividade do teu plan de busca de emprego será definir un obxectivo profesional.

Pero cómo defino o meu obxectivo profesional?

O primeiro que tes que facer é definir en qué profesional te queres converter ou en qué área queres desenvolver as túas competencias. O investimento que vas a ter que facer é grande en tempo, recursos e tamén por qué non, en cartos. Toma o teu tempo, porque aínda que sempre poderás cambiar o teu obxectivo profesional, terás que volver a repetir os pasos anteriores. Lembra que "aprendiz de todo e mestre de nada" non é unha alternativa.

Sabes en qué queres traballar? Sabes se es un bo profesional nese área? Se contestaches afirmativamente á primeira pregunta terás que pasar necesariamente á segunda. Seguro que sempre che gustaron las películas de investigación, aquí tes a túa oportunidade de pasar á acción. Descobre qué titulación se necesita (si non a tes, terás que comezar por aí), se debes especializarte nalgún campo en concreto (gústache máis o dereito penal ou laboral, a cociña ou a barra do bar), en qué condicións se desenvolve esa profesión (encántame poñer copas pola noite, pero os fins de semana son para pasalos en familia) qué horarios, qué tipo de empresas desenvolven esas actividades.Se as túas dotes de detective non se atopan entre os teus puntos fortes, sempre podes pasarte por calquera servizo de orientación, público ou privado, mirar as especialidades de formación profesional ou certificados de profesionalidade, os cursos de formación ocupacional dos servizos públicos de emprego, pregunta a amigos o coñecidos sobre o seu traballo.

Especialízate, se cres que xa tes unha profesión, uns estudos ou unha experiencia profesional, busca a excelencia, fai un listado de todas aquelas cousas que poidan mellorar a túa empregabilidade.

Se xa elixiches o teu obxectivo profesional, agora tes que marcarte un plan de traballo, canto tempo vas a dedicarlle: diario, semanal, mensual, en definitiva, márcate obxectivos a corto, medio e longo prazo e lembra que seguir o teu obxectivo profesional implica participar en cursos e actividades de formación relacionados coas profesións que elixiches.

Seguir o teu obxectivo profesional non significa que non poidamos traballar noutra cousa, se necesitamos cartos, é inevitable ter que traballar, pero procura que ese traballo interfira o menos posible no teu obxectivo profesional, porque iso será o que te fará feliz no teu traballo.

José María García Velázquez. Orientador laboral.