Bos días a todos/as,
Quería facer unha breve entrada para comentarvos que mañá venres, 1 de abril , imos participar, como Axencia de Desenvolvemento Local de Cangas, nun congreso, para falar do noso proxecto"Clube do Emprego de Cangas ", e animar a outros concellos a que poñan en marcha iniciativas deste tipo para crear emprego a nivel local.
O facemos porque estamos contentas cos resultados, agradecidas pola vosa acollida e colaboración, e convencidas de que todavía se pode facer máis e mellor.
Tamén o facemos, evidentemente, porque a nosa comunicación foi seleccionada de entre 42 participantes, polos organizadores do congreso Marco de Oportunidades para o Desenvolvemento Local, coma unha boa práctica.
Aquí vos deixamos máis información ... http://www.afiprodel.org/
Exporemos aproximadamente ás 12:00 horas ( por si alguén se quere achegar).
Pois nada, vos contamos á volta... bo fin de semana!!!