29 nov 2015

Xornadas de Agroecoloxía 26 de Novembro


Bos días amigos!!

TERRAS SEN USO, RECURSO PARA UN NOVO CURSO
VELLAS TERRAS PARA UN NOVO CURSO DAS COUSAS

O pasado xoves, 26 de novembro tivemos como participantes a diferentes entidades que nos mostraron as súas vivencias, como son:

ADR Mariñas-Betanzos. Trátase dunha Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas- Betanzos que desenvolve o Plan Alimentario dentro do cal se están implementando unha Bolsa de Terra e iniciativas de fomento da producción e consumo local.

Amigos da Terra. É unha entidade ecoloxista que expón iniciativas que desenvolve a través de proxectos de hortas comunitarias, sempre tendo en conta a educación ambiental e a concienciación cidadá.

Verxel de Coiro. É unha iniciativa local de Cangas que se basea nos produtos de horta agroecolóxica, sostible e que respeta o medio ambiente.


19 nov 2015

Difusión Xornadas Naturalmente Cangas: agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local



Bos días emprendedores/as!!
A agricultura ecolóxica e o consumo responsable son conceptos en alza nunha sociedade que valora cada vez máis o séu carácter de actividade respectuosa co medio ambiente e coa saúde das persoas. Esta demanda crecente por parte dos consumidores supón unha oportunidade para as pequenas explotacións agrarias e negocios complementarios, favorecendo o mantemento de formas de vida dignas e sostibles no medio rural.
Por esta razón o Concello de Cangas, consciente dos seus recursos naturais e humanos nalgúns casos pouco aproveitados, con terras de cultivo sen uso que requiren de iniciativas mobilizadoras impulsa estas Xornadas: NATURALMENTE CANGAS: AGROECOLOXÍA, CONSUMO RESPONSABLE E DESENVOLVEMENTO LOCAL, co obxecto de dar difusión a experiencias de aproveitamento de recursos locais, e outras  que se desenvolven noutros espazos que comparten similitudes con Cangas.

TRÍPTICO:



 CARTAZ:

Os obxetivos principais son:
-         Crear un espazo de reflexión e participación cidadán entorno ó aproveitamento dos recursos locais.
-         Difusión de iniciativas innovadoras no campo da agroecoloxía, a integración social e a valorización patrimonial.
-         Fomento de novas oportunidades laborais a partir de recursos endóxenos.
-         Mellorar a calidade de vida dos veciñ@s.
-         Creación de redes de traballo.

Estructurouse en catro sesións, en horario de 19:00 a 21:00 horas.
Queremos darlle difusión, para que si o considerades oportuno, asistades e asemade compartades o contido das mesmas cos vosos contactos.
A inscripción non é obrigatoria, pero facilitaría a nosa labor debido ás limitacións de aforo do lugar onde se realizan: O Salón de Plenos do Concello de Cangas. 
Agardamos a vosa presenza.

Saúdos!!

17 jun 2014

Emprendendo en comercio electrónico con éxito, coa colaboración de Infinitum Ecomerce e Corvus Belli



Bos días amig@s!!

 O pasado mércores 11 de xuño de 2014 celebrouse na Casa de Oficios Lorenzo Corbacho o obradoiro de “Emprendendo en comercio electrónico con éxito” que contou coa colaboración de Mari Carmen Fernández de Infinitum Ecomerce , empresa local adicada ó asesoramento en comercio electrónico, así como de Alberto Aval, de Corvus Belli , iniciativa adicada á creación de miniaturas para xogos de rol, con grande expansión internacional.


Mari Carmen falounos dos factores a ter en conta á hora de planificar a difusión da nosa empresa en internet, aspecto previo ó deseño da nosa tenda on-line.

Así, explicounos os pilares dunha tenda on-line, e as estratexias máis axeitadas a seguir tendo en conta as características dos nosos productos/servizos.

Pola súa banda, Alberto, contounos a súa experiencia emprendedora na empresa Corvus Belli, que cunha andaina de casi 14 anos vendendo maioritariamente en internet en diversos países, conta con máis de 50 traballadores/as e se atopa nun proceso de expansión na actualidade.


Nos vemos nas vindeiras edicións do aula do emprendedor!!

Un saúdo!!

21 may 2014

A imaxe comercial como factor clave na apertura ou relanzamento dun negocio por Nélida Carracelas de Imagesc



Bos días emprendedores/as!!

Toca tirar conclusións do obradoiro “A imaxe comercial como factor clave na apertura ou relanzamento dun negocio” impartido o pasado xoves 15 de maio en colaboración con Nélida Carracelas  de Imagesc, empresa local adicada ó escaparatismo, decoración e interiorismo.




Os contidos que se impartiron abordaron exemplos, consellos e recomendacións para facer que a imaxe comercial xogue sempre a favor do negocio, como elemento fundamental na captación de clientes.

Así, Nélida recomendounos  fuxir de tendas estáticas, rotando mercancías, productos e servizos de xeito que o cliente perciba ese movemento.

Asemade resaltou a importancia de manterse sempre esperto/activo respecto ás reacións de clientes e competencia, aconsellando a lectura do libro “Quén se levou o meu queixo” de Spencer Johnson.

Destacar e agradecer a gran participación dos/as emprendedores/as asistentes.

Manterémosvos informados/as das novas actividades do "Aula do Emprendedor" para o mes de xuño 2014.

Unha aperta a todos/as!!

5 may 2014

Xestoría Moldes e a importancia da elección da forma xurídica axeitada para a nosa empresa



Bos días amig@s!

O pasado martes 29 de abril de 2014 celebrouse na Casa de Oficios Lorenzo Corbarcho, coa colaboración de Elena Moldes da Xestoría Moldes o obradoiro sobre “a importancia da elección da forma xurídica axeitada para a nosa empresa.”

Os puntos máis relevantes que debemos analizar para chegar á conclusión de cal será a forma xurídica máis acorde co noso futuro negocio, segundo se tratou este día, serán os seguintes:

1. Número de socios.
2. Capital social mínimo esixible.
3. Desembolso inicial necesario.
4. Responsabilidade.
5. Fiscalidade.

Todos eles aspectos de suma importancia na definición da nosa idea de empresa.



Queremos agradecer a vosa participación, e lembrar que o 14 de  maio as actividades da Aula do Emprendedor se retomarán co seminario “A imaxe comercial como factor clave na apertura ou relanzamento dun negocio".

Unha aperta!!

14 feb 2014

INMOBILIARIA LARES E AS CLAVES PARA A ELECCIÓN DUN LOCAL DE NEGOCIO.

Bos días amigos/as!!

En base ás vosas demandas, o pasado xoves 30 de xaneiro contamos con Cintia e Juanma, de Inmobiliaria Lares, para abordar un tema moi interesante para calquer emprendedor/a que necesite unha ubicación física para a prestación do seu servizo ou vender o seu producto: "Claves para a Elección dun Local de Negocio".


O obradoiro, moi ameno, claro e participativo, seguiu a seguinte estructura:

1) Elección entre aluguer ou compra do local, plantexándose a opción  do “coworking”.
2) Ventaxas e inconvintes entre locais preparados e lóbregos, en función de varios aspectos: o poder de negociación, os custos a asumir, o risco asumido na operación...
3) A importancia da ubicación, desmitificando un pouco o paradigma "place, place, place", e matizando que son os nosos clientes, os que nos van a definir cal será a ubicación idónea.
4) O prezo e as posibilidades de negociación, xa que temos que ter claro, emprendedores/as, cal vai a ser o máximo custo por este concepto que poderemos asumir, en función dos ingresos previstos.
5) A determinación da superficie óptima do negocio, matizándonos que o asesoramento dun profesional na materia vai ser un elemento esencial neste apartado.
6) Distribución do local, tenda en conta as nosas necesidades e o consello de técnicos ou interioristas.

7) Adecuación á normativa.


Excelente charla, e moi ilustrativa. Esperamos voltar a contar con Inmobiliaria Lares na Aula do Emprendedor do Concello de Cangas, para seguir profundizando na materia.

Pola nosa parte, remitirémoslle por mail  ós/ás asistentes o apoio didáctico da ponencia enviado por Inmobiliaria Lares. 

Grazas a todos os que facedes posibles estas iniciativas!!

Unha aperta.

CÓMO MADURAR UNHA IDEA DE NEGOCIO CON ACEGA. CONCLUSIÓNS.

Bos días amigos/as!!

O pasado xoves 12 de decembro de 2013, tivemos a sorte de contar con Antonio Pérez, profesional da Asesoría  ACEGA, para brindarnos recomendacións, consellos, trucos e exemplos para avaliar, de xeito sinxelo e rápido, a nosa idea de negocio.



En primeiro lugar identificamos de xeito claro a nosa idea, que debe ser adaptada ós nosos gustos e aficións, e que seguro será un éxito se realmente nos apaixona.

Despois desenvolveremos o modelo de negocio máis axeitado para a nosa idea, tendo en conta a proposta de valor que lle ofreceremos ó mercado.

En terceiro lugar definiremos a estratexia de negocio a corto e medio prazo... pois temos que ter sempre en conta, emprendedores/as,  a ónde queremos chegar, e qué nos axuda ou impide conseguilo.

Posteriormente, Antonio Pérez falounos da importancia de facer unha proba de mercado, de non ter medo a comentar e explicar a nosa idea, buscando propostas que a enriquezan.

Por último, claro está, toca facer contas e analizar a rendibilidade da idea, pois non só debe ser útil e desexable, senón que tamén nos ten que xerar ingresos suficientes.


Pois nada máis, amigos/as, só me resta agradecer coma sempre a vosa multitudinaria presencia e participación nas convocatorias do Aula do Emprendedor do Concello de Cangas, ateigando as nosas salas formativas, e dicirvos que por cortesía de Antonio, os 20 asistentes recibiredes vía correo electrónico a presentación power point que utilozou na ponencia.

Nos vemos nas vindeiras edicións do Aula do Emprendedor!!

Unha aperta.


2 dic 2013

CLAVES PARA VENDER POR INTERNET CON AUGENBLICK. CONCLUSIÓNS.





Bos días amigos/as!! 

O mércores 27 de novembro tivemos o luxo de contar con Mauricio Mesa e Abilio Almeida, de Augenblick Technologie dentro da convocatoria deste mes do Aula do Emprendedor para expoñernos cales són, ó seu xuizo,  AS CLAVES PARA VENDER POR INTERNET.

Como queremos aprobeitar ó máximo esta experiencia e sabemos que pola limitación de plazas moitos de vós vos quedastes sen poder asistir ó obradoiro..., aquí vos deixamos, emprendedores/as un resumo das mesmas:

- CONTAR CUNHA TENDA ON LINE RESPONSIVE, é dicir, que esté adaptada ós distintos dispositivos móbiles e tamaños de pantalla.

- DISPOR DUN PANEL DE CONTROL cómodo, completo e adaptado ás vosas necesidades.

- DESEÑO COIDADO DA POLÍTICA DE SHIPPING (envíos), tendo en conta as características da mercadoría, packaging e imaxe corporativa.

- TER CLARA A ESTRATEXIA DE MARKETING POR PRODUCTO, pois debe ser posicionado de xeito individual.

- PASARELA DE PAGO confiable, rápida e segura.

- POLÍTICA DE ANÁLISE CONSTANTE DAS VOSAS ESTRATEXIAS, medindo cada campaña e aprendendo das conclusións.




Moitas grazas pola vosa participación e curiosidade emprendedores/as, seguiremos dándovos soporte para facilitar a posta en marcha das vosas ideas de negocio!!! =) =)

Saúdos.




31 oct 2013

APRENDER A EMPRENDER CON INTERPYME. CONCLUSIÓNS FINAIS.




Bos días emprendedores/as!!

Toca tirar conclusión  do   obradoiro "Aprender a emprender" , impartido o pasado martes 29 de outubro de 2013, e dirixido especialmente ós/ás mozos/as emprendedores/as do noso ámbito municipal.          

Queremos comezar agradecendo a numerosa presenza  e activa participación dos máis de cen alumnos/as e profesores/as dos institutos de educación secundaria da localidade (IES María Soliño, IES Rodeira e IES Monte Carrasco),  ateigando o Salón de Plenos. Tamén temos que resaltar e agradecer a dedicación, o esforzo e o "bo facer" dos poñentes,  Tito Iglesias e Mercedes Fernández de Interpyme.

O obradoiro, baseado na transmisión das numerosas experiencias vitais ligadas ó emprendemento dos poñentes, comezou cunha reflexión entre todos/as sobre as principais características da "persoa emprendedora", fundamentais para unha toma de conciencia da  situación de partida global e persoal e puntos de mellora.

A continuación a exposición de exemplos e experiencias, introduciu o debate e a tira de conclusións e recomendacións. Aquí vos deixamos, a modo de resume, un estracto das que nos pareceron máis relevantes: 

1. O  traballo en equipo, e o asociacionismo conforman un "caldo de cultivo" moi positivo para o xurdimento de iniciativas emprendedoras de todo tipo: cultural, deportivo, social, económico...
2. O contacto interxeneracional parece fundamental, tanto para aprender da experiencia como para detectar oportunidades.
3. A investigación e observación do entorno, mostra oportunidades.
4. Viaxar e descubir.
5. Formarse.
6. Desfrutar no camiño.

Destacades algo máis???

Manterémosvos informados/as das novas actividades do "Aula do Emprendedor" para os meses de novembro e decembro de 2013.

Unha aperta a todos/as!!


25 feb 2013

MEDIDAS DE APOIO Ó EMPRENDEDOR R.D.L. FEBREIRO 2013


Bos días emprendedores/as,

Abrimos este luns con boas novas: as medidas de apoio ó/á emprendedor/a e de estímulo ó crecimento e á creación de emprego aprobadas por Real Decreto Lei do Consello de Ministros do pasado venres 22 de febreiro. Se nos poden ocurrir algunhas suxerencias de mellora... pero imos limitarnos a reproducir principais puntos deste decreto:

1-Se establece unha tarifa plana de cincuenta euros na cotización á Seguridade Social para novos autónomos, menores de 30 anos, durante os primeiros 6 meses.

2- Se permite compatibilizar a prestación por desemprego co inicio dunha actividade por conta propia, para menores de 30 anos, durante un máximo de 9 meses.

3- Se amplían as posibilidades de capitalización do desemprego para iniciar unha actividade emprendedora. Os menores de 30 anos poderán capitalizar hasta o 100% da súa prestación.

4- Reanudación do cobro de prestacións por desemprego. Os menores de 30 anos verán ampliado de 2 a 5 anos a duración do exercicio dunha actividade por conta propia que permite interrumpir, e por tanto , reanudar, o cobro da prestación por desemprego.

5- Se aproban incentivos fiscais no IRPF  e no Imposto de Sociedades para apoiar os proxectos emprendedores.

6- Se aproban diversos estímulos á contratación de mozos menores de 30 anos, ata que a taxa de paro se atope por debaixo do 15%.

7- Incentivos á contratación en novos proxectos de emprendimento xoven ata que a taxa de paro se sitúe por debaixo do 15%.

8- Incentivos á contratación en entidades de Economía Social.

9- Medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

10- Ampliación do Plan de Pago a Proveedores de Entidades Locais e Comunidades Autónomas.

11- Medidas de fomento ó financiamento empresarial.

12- Accións de mellora da intermediación laboral.

13- Medidas no sector ferroviario.

14- Medidas no sector enerxético.

Para unha maior profundización neste tema, aquí tendes o enlace:

Real Decreto Ley de medidas de apoio ó emprendedor

Un saúdo e feliz luns!!!


22 feb 2013

MARKETING E ESTRATEXIA DA MAN DE ACEGA ASESORES. CONCLUSIÓNS.


Bos días a todos/as!!!

Organizando as actividades do Aula do Emprendedor para o ano 2013, me decatei de que non publicaramos as conclusións do utilísimo obradoiro sobre estratexia e marketing impatido por Antonio Pérez, de Acega Asesores o pasado 29 de novembro de 2012.

Pois nada, esto se resolve enseguida! ;-) .Comenzarei destacando e agradecendo coma sempre a vosa numerosa asistencia (26 emprendedores/as) e  alta participación nas charlas, facendo preguntas e aportando opinións e puntos de vista.


Entre os principais contidos explicados por Antonio, resaltar o feito de que manter unha orientación clara cara o cliente é unha premisa básica para acadar o éxito da nosa idea empresarial. Isto só se pode conseguir cunha actitude de mellora constante da idea de negocio amparada nun análise de mercado eficaz e nunha identificación de necesidades repetida.

A diferencia entre producto tanxible e producto aumentado se antoxa fundamental nun mercado con alta competencia, e nun momento de tan alta sensibilidade ó factor prezo como o actual, non debemos descuidar a nosa estratexia de prezos.

Parece difícil antender a todos estes factores??? Quizáis, pero isto o fai todavía máis interesante =).

" Si atopas un camiño sin obstáculos desconfía. Seguro que non leva a ningunha parte". Sergio Fernández.

Nos vemos emprendedores/as!!! Sabedes que contades con todo o noso apoio =).

Unha aperta.



19 nov 2012

A ESTRATEXIA DE MARKETING NO NEGOCIO





Bos días !!!

Saber venderse é importante para calquera, pero fundamental para vós emprendedores/as.

Estamos a organizar á última cita co Aula do Emprendedor do ano 2012, e imos a abordar a temática do Marketing, moi demandada  nas enquisas enviadas por mail ou presentadas en papel na nosa última xuntanza (mil grazas pola vosa axuda) 

Contaremos coa colaboración de Antonio da  asesoría ACEGA de Cangas, co obradoiro "A estratexia de marketing no negocio". Será o xoves, 29 de novembro,  como sempre, na Casa de Oficios Lorenzo Corbacho , situada na Avda. de Bueu nº15- entrechán, en horario de 10:30 a 12:00 horas.

Aquí vos deixo un guión dos principais puntos que se tratarán:

- Introducción ao marketing.
- Marketing estratéxico e marketing comercial.
- Instrumentos básicos do marketing: producto, prezo, promoción e distribución.

Seguro que vos será de grande interese para planificar a vosa estratexia comercial!!! =)
        
Como sabedes, é un evento gratuíto, mais  é necesario preinscribirse. O podedes facer respostando a este mail. Non o deixedes para o último día, pois imos  limitar a asistencia por motivos de espazo!

Esperamos, unha vez máis,  contar convosco.

Saúdos.



12 nov 2012

CADRANDO AS NOSAS CONTAS COMO AUTÓNOMOS/AS CON EVARISTO DE TC-1.

Bos días emprendedores/as!!

Toca tirar conclusións da excelente ponencia " Cómo ser autónomo e que as contas che cadren", impartida por Evaristo Fandiño, da asesoría TC-1 dentro do "Aula do Emprendedor" do pasado martes 30 de outubro.




Destacar a grande acollida que tivo pola vosa parte emprendedores/as, ateigando  con 33 asistentes a sala de formación, e participando activamente no obradoiro.

Evaristo amosounos que, sen artificios, coa única arma da palabra e do relato dunha experiencia persoal real, pódense transmitir multitude de coñecementos, consellos e valores, que clarifican dúbidas e motivan cara o emprendemento.



Destacaría todo desta charla... pero postos a elixir, vos deixo emprendedores/as, as estratexias de loita que debe ter todo autónomo para acadar o éxito:

- Non deixar de formarse, tanto na actividade a desenvolver como en xeral.
- Perder o medo ó fracaso, non postpoñendo decisións.
- Marcarnos unha meta.
- Buscar a excelencia: "o traballo ben feito non ten competencia".
- Administrar ben os recursos e non sobredimensionarse: "un euro aforrado é un euro gañado".
- Elexir unha boa estratexia-prezo.
- Ser cumpridor/a.
- Buscar xeitos de fidelizar ós clientes.
- Aplicar o sentido común.
- Non rendirse nunca.

Foi un placer emprendedores/as!!! #Tirapadianting sempre!! 

Estamos desexando organizar a vindeira charla =)  Saúdos.


19 oct 2012

CÓMO SER AUTÓNOMO E QUE AS CONTAS CHE CADREN



Bos días emprendedores/as!!!

Continuamos co Aula do Emprendedor, mistura de networking e formación made in Concello de Cangas, coa que pretendemos acompañarvos e guiarvos na vosa tarefa de acadar  ou consolidar un autoemprego planificado e viable.

 Nesta ocasión  contaremos coa colaboración de Evaristo Fandiño da  asesoría TC-1 de Cangas, co obradoiro"Cómo ser autónomo e que as contas che cadren". Será o vindeiro martes, 30 de outubro,  como sempre, na Casa de Oficios Lorenzo Corbacho , situada na Avda. de Bueu nº15- entrechán, en horario de 10:30 a 12:00 horas.

Aquí vos deixo un guión dos principais puntos que se tratarán:

        * Como cheguei a ser autónomo/a.
                    Percorrido por a miña experiencia persoal como autónomo/a.
        * ¿Ser autónomo neste intre? pois claro.
                    Ventaxas e inconvintes.
        *Xa tomei a decisión ¿agora qué?
                    Estratexias a tomar
                  ¿Eu solo ou con socios?
                    O autónomo ante a Administración

Interesante, verdade? Eu non ma perdería!!

Como sabedes, é un evento gratuíto, mais  é necesario preinscribirse. O podedes facer vía mail a dlocal@cangas.org, por teléfono no 986 301 371, ou nas nosas oficiñas, situadas na Praza do Sinal nº5- 2º andar.

Esperamos contar convosco. Non desaproveitedes esta oportunidade de relacionarvos e retoma-las vosas aspiracións no campo do  emprendimento.




18 oct 2012

SEMINARIO CREACIÓN DE PROXECTOS DE EMPRESA IGAPE. CONCLUSIÓNS FINAIS.

Bos días amigos/as!!

Finalizado o Seminario de "Creación de Proxectos de Empresa", que se impartiu en Cangas entre o cinco de setembro  e o 3 de outubro de 2012, aproveitadas as 35 horas de formación teórica impartidas por  Manuel Somoza, consultor en SAGIDE S.L., e César Chacón de ANALIZATIS, e as dúas sesións de titoría asociadas ó mesmo polos profesores antes mencionados e por Ana Núñez, técnica no IGAPE, non podemos facer outra cousa que dicir... GRAZAS!


Grazas a profesores e titores/as pola súa cercanía, boas explicacións e profesionalidade. 

Grazas ó IGAPE pola súa colaboración e excelentes materiales de apoio.

Grazas ós vinteseis emprendedores e emprendedoras asistentes, que participaron activamente nas clases, fulminaron records de asistencia, e conseguiron  un ambiente lectivo dinámico e agradabel. 

E grazas tamén a Concelleira de Emprego Berta Pérez Hernández, que forzou un oco na súa axenda para facernos unha visita e coñecer, de primeira man, as necesidades dos/das emprendedores/as do municipio.

Non me esquezo dos alfajores de Manuel Rúa, emprendedor da rama da pastelería que aproveitou para testear e promociona-lo seu producto. Grazas especiais. =)

Esperamos seguir organizando actividades que nos deixen tan bó sabor de boca!!

Un saúdo emprendedores/as!!