19 nov 2012

A ESTRATEXIA DE MARKETING NO NEGOCIO





Bos días !!!

Saber venderse é importante para calquera, pero fundamental para vós emprendedores/as.

Estamos a organizar á última cita co Aula do Emprendedor do ano 2012, e imos a abordar a temática do Marketing, moi demandada  nas enquisas enviadas por mail ou presentadas en papel na nosa última xuntanza (mil grazas pola vosa axuda) 

Contaremos coa colaboración de Antonio da  asesoría ACEGA de Cangas, co obradoiro "A estratexia de marketing no negocio". Será o xoves, 29 de novembro,  como sempre, na Casa de Oficios Lorenzo Corbacho , situada na Avda. de Bueu nº15- entrechán, en horario de 10:30 a 12:00 horas.

Aquí vos deixo un guión dos principais puntos que se tratarán:

- Introducción ao marketing.
- Marketing estratéxico e marketing comercial.
- Instrumentos básicos do marketing: producto, prezo, promoción e distribución.

Seguro que vos será de grande interese para planificar a vosa estratexia comercial!!! =)
        
Como sabedes, é un evento gratuíto, mais  é necesario preinscribirse. O podedes facer respostando a este mail. Non o deixedes para o último día, pois imos  limitar a asistencia por motivos de espazo!

Esperamos, unha vez máis,  contar convosco.

Saúdos.



12 nov 2012

CADRANDO AS NOSAS CONTAS COMO AUTÓNOMOS/AS CON EVARISTO DE TC-1.

Bos días emprendedores/as!!

Toca tirar conclusións da excelente ponencia " Cómo ser autónomo e que as contas che cadren", impartida por Evaristo Fandiño, da asesoría TC-1 dentro do "Aula do Emprendedor" do pasado martes 30 de outubro.




Destacar a grande acollida que tivo pola vosa parte emprendedores/as, ateigando  con 33 asistentes a sala de formación, e participando activamente no obradoiro.

Evaristo amosounos que, sen artificios, coa única arma da palabra e do relato dunha experiencia persoal real, pódense transmitir multitude de coñecementos, consellos e valores, que clarifican dúbidas e motivan cara o emprendemento.



Destacaría todo desta charla... pero postos a elixir, vos deixo emprendedores/as, as estratexias de loita que debe ter todo autónomo para acadar o éxito:

- Non deixar de formarse, tanto na actividade a desenvolver como en xeral.
- Perder o medo ó fracaso, non postpoñendo decisións.
- Marcarnos unha meta.
- Buscar a excelencia: "o traballo ben feito non ten competencia".
- Administrar ben os recursos e non sobredimensionarse: "un euro aforrado é un euro gañado".
- Elexir unha boa estratexia-prezo.
- Ser cumpridor/a.
- Buscar xeitos de fidelizar ós clientes.
- Aplicar o sentido común.
- Non rendirse nunca.

Foi un placer emprendedores/as!!! #Tirapadianting sempre!! 

Estamos desexando organizar a vindeira charla =)  Saúdos.