31 oct. 2013

APRENDER A EMPRENDER CON INTERPYME. CONCLUSIÓNS FINAIS.




Bos días emprendedores/as!!

Toca tirar conclusión  do   obradoiro "Aprender a emprender" , impartido o pasado martes 29 de outubro de 2013, e dirixido especialmente ós/ás mozos/as emprendedores/as do noso ámbito municipal.          

Queremos comezar agradecendo a numerosa presenza  e activa participación dos máis de cen alumnos/as e profesores/as dos institutos de educación secundaria da localidade (IES María Soliño, IES Rodeira e IES Monte Carrasco),  ateigando o Salón de Plenos. Tamén temos que resaltar e agradecer a dedicación, o esforzo e o "bo facer" dos poñentes,  Tito Iglesias e Mercedes Fernández de Interpyme.

O obradoiro, baseado na transmisión das numerosas experiencias vitais ligadas ó emprendemento dos poñentes, comezou cunha reflexión entre todos/as sobre as principais características da "persoa emprendedora", fundamentais para unha toma de conciencia da  situación de partida global e persoal e puntos de mellora.

A continuación a exposición de exemplos e experiencias, introduciu o debate e a tira de conclusións e recomendacións. Aquí vos deixamos, a modo de resume, un estracto das que nos pareceron máis relevantes: 

1. O  traballo en equipo, e o asociacionismo conforman un "caldo de cultivo" moi positivo para o xurdimento de iniciativas emprendedoras de todo tipo: cultural, deportivo, social, económico...
2. O contacto interxeneracional parece fundamental, tanto para aprender da experiencia como para detectar oportunidades.
3. A investigación e observación do entorno, mostra oportunidades.
4. Viaxar e descubir.
5. Formarse.
6. Desfrutar no camiño.

Destacades algo máis???

Manterémosvos informados/as das novas actividades do "Aula do Emprendedor" para os meses de novembro e decembro de 2013.

Unha aperta a todos/as!!