26 abr 2011

CONSELLOS PARA EVITAR ESTAFAS NA BUSCA DE EMPREGO

Onte pola tarde, puxen a tele, e nun programa destes de reality baseados en testimonios, unha nai contaba, desesperada, coma os seus fillos e o seu marido, en desemprego, foran enganados por falsas empresas que quitaron proveito económico do seu desexo de atopar un traballo.

Ao marxe da dudosa credibilidade deste tipo de magacines, que operan en base a obxectivos de audiencia, o problema prantexado era real, e cada vez máis frecuente.

Non sei se existen mecanismos legais contundentes para frear este tipo de prácticas abusivas, pero a información e o senso común son as nosas mellores armas para, dende os feitos, evita-la súa proliferación.

A continuación vos deixamos unha serie de consellos, que vos farán reflexionar e estar sempre alerta, buscadores/as, dende a atalaia do coñecemento.




CONSELLOS PARA EVITAR FALSOS ANUNCIOS - ESTAFAS EN LIÑA – E ABUSO DO TRABALLO

En tempos de desemprego os anuncios, e os procesos de selección, utilízanse, nalgúns casos para fins fraudulentos, totalmente distintos ós que lle corresponderían. A continuación detallamos unha serie de casos ben coñecidos, e algúns consellos para detectar os falsos anuncios de emprego:

1. Desconfía dos < traballe dende casa > : sobor de todo cando pidan un desembolso económico previo.
2. Ollo cos centros de estudio que ofrecen emprego coa condición de matricularse previamente nun curso. En realidade o que buscan e conseguir o maior número posible de alumnos.
3. Coidado coas empresas de selección que piden cubrir extraños formularios con demasiada información de tipo persoal. Lembra que a información é poder, e poden estar simplemente, buscando información de balde para promocionar productos ou servizos.
4. Atento/a ós anuncios moi xenéricos, que enumeran poucos requisitos ou son moi vagos: ambición, ganas de progresar, dinamismo e cousas polo estilo. Serán con toda probabilidade de perfil comercial e ingresos incertos.
5. Desconfía si o enderezo de contacto que figura no anuncio non te parece lóxico, ou so aparece un número de teléfono que empece por 806 (liñas de pago)
6. Non respondas a ningún anuncio de traballo que requira o teu número de tarxeta de crédito.

19 abr 2011

OPTIMICEMOS OS NOSOS RECURSOS NA BUSCA DE EMPREGO.

O proceso de busca de emprego é, por definición, incerto, tedioso, desmotivante e agotador, e se necesitan grandes doses de autoestima e planificación para dar o cen por cen, nun proceso no que vemos o inicio e o presente, pero non somos quen de vislumbrar cando acadaremos a nosa meta.

Por todo iso é fundamental manterse activo/a, alerta, e cunha actitude aberta ó autoanálise e á mellora constante.

Aquí vos deixo, buscadores/as, un exemplo de cuestionario que nos permite avaliar o noso traballo diario como demandantes activos de emprego, e nos da pistas de como optimiza-lo proceso.

Busquemos a excelencia, esforcémonos, loitemos no convencimento de que estamos facendo todo o posible por acadar o noso obxectivo... e chegaremos á meta sin darnos conta!!!


Autoanálise para a busca de emprego


1. Coñeces as saídas profesionais da túa titulación?
Si □ Non □

2. En qué sector profesional buscas emprego?
........................................................................................................................................................................................

3. Tes un obxectivo profesional definido?
Si □ Non □

4. Onde te ves dentro de cinco anos?
........................................................................................................................................................................................

5. Adicas un tempo á semana á busca de emprego?
Si □ Non □

6. Te organizas para la busca de emprego (axenda de busca, arquivo de C.V. enviados...)?
Si □ Non □

7. Coñeces a situación actual do teu sector profesional no mercado de traballo?
Si □ Non □

8. Sabes ónde buscar emprego? Enumera tres recursos ou fontes de información que utilices
........................................................................................................................................................................................

9. Estás apuntado/a nalgunha bolsa de emprego?
Si □ Non □

10. Sabes qué é o que máis se valora no proceso de selección?
Si □ Non □

11. Sabes cómo elaborar un curriculum vitae orientado os teu logros?
Si □ Non □

12. Sabes cales son os puntos fortes e os puntos débiles do teu currículum?
Si □ Non □
13. Qué dificultades tes ó enfrentarte a unha entrevista de selección?
........................................................................................................................................................................................
14. Qué tipo de probas de selección coñeces? Enuméraas
........................................................................................................................................................................................
15.Pensas que atopar emprego depende fundamentalmente de ti?
Si □ Non □

Si respondeches negativamente á maioría das cuestións, non soubeches moi ben qué contestar ou tiveches dificultades nas tuas respuostas, pode ser que necesites axuda para buscar emprego.

4 abr 2011

AFIPRODEL: DESENVOLVEMENTO LOCAL EXEMPLAR NA COSTA DA MORTE

Asombrada, deslubrada, motivada e inspirada...así é a miña volta á rutina diaria despois do congreso "Marco de Oportunidades para o Desenvolvemento Local"  organizado por Afiprodel en Vimianzo e Corcubión.




Boa organización, excelente programa, trato agradable...e moitas  ideas anotadas no apartado de "pendentes" ás  que darlle unha volta nas próximas semanas. Non se pode pedir máis!

Agradecer  a Afiprodel  a súa iniciativa, especialmente valiosa en momentos como o actual, de cambios e axustes, e manifestarlle que conten conmigo para posibles vindeiras edicións, esta vez como oínte, notebook en man e vida familiar conciliada.

Unha aperta a todos/as.