7 oct 2011

MOTIVACIÓN EMPRENDEDORA 28 OUTUBRO CANGAS

"http://www.foto-gratis.es"

Bos días,

Nestes momentos de inseguridades e incertezas, de "cambios de escenario", por dicilo dun xeito suave, é necesario estar alerta, atento/a a calqueira oportunidade.... é preciso valora-lo autoemprego.

E para facer unha valoración é obvio que debemos informarnos, contrastar puntos de vista, escoitar exemplos, interactuar..., é dicir, saír de detrás do parapeto do noso ordenador, últimamente gurú e máximo expoñente da nosa busca de emprego, e acudir a seminarios coma éste que organizamos en Cangas, onde vos queremos presentar un xeito alternativo de gañarse a vida: decidirse e emprender.

Aquí vos contamos todo sobre este evento, contaremos convosco?

SEMINARIO DE MOTIVACIÓN EMPRENDEDORA EN CANGAS

O vindeiro venres, 28 de outubro de 2011, ás 10:00 horas, terá lugar en Cangas o “SEMINARIO DE MOTIVACIÓN EMPRESARIAL”, organizado pola Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cangas, e impartido por BIC Galicia en colaboración co IGAPE.

Este Seminario, de carácter gratuito e cunha duración aproximada de 3 horas, terá como obxectivo que os asistentes valoren o autoemprego coma unha opción máis, proporcionando información relevante, recursos e ferramentas para a creación dunha empresa.

Se buscará un enfoque práctico, con exemplos e difusión de boas prácticas, e unha emprendedora afincada en Cangas relatará a súa experiencia coma empresaria.

Será o pistoletazo de saída do “Aula do Emprendedor”, servizo que se prestará como novidade no ámbito do Clube do Emprego-3, ante o importante incremento de “emprendedores/as por necesidade” que buscan no autoemprego a súa saída profesional.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Ata o martes 25 de outubro na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cangas.

Un saúdo, buscadores/as!!!!

4 oct 2011

HISTORIA DUN TIRAPADIANTING.



Ola a todos e todas.

Despois do merecido descanso estival, polo menos en canto a imaxinación e creatividade literaria, voltamos a publicar no blog.... e temos moito que contar!!!

Comezaremos conmemorando o nacemento do noso "#TIRAPADIANTING!!!". Un ano levamos usando xa este palabro cangués que resume a sabiduría dos nosos ancestros que dín que "ó mal tempo boa cara" e que te "vaias chorar a Cangas", pero tuneado coas armas do coaching, que hoxe en día son de grande actualidade.

E xa sabemos que o nome non é nin moi académico, nin excesivamente novedoso, incluso se pode tachar de "pouco inxenioso"... pero tanto nos ten ós que pasamos bos momentos buscando citas motivadoras, pezas musicais con marcha, ou artigos entusiastas que leven a contraria a este sentimento neboento que se extende con rapidez na nosa sociedade.

Así que, non o esquezades, #TIRAPADIANTING!!! sempre, porque non nos queda outra, e porque é, sen dúbida, o que temos que facer.

Un saúdo, buscadores/as!!!