30 jul 2012

INNOVANDO... CON MASMETODO

Feliz luns a todos/as!!!

Despois dunha xornada tan intensa como a do día 26 de xullo no Aula do Emprendedor, na que David Sotelo Seguín, consultor fiscal e de negocios en Mas Método abordou o tema : "Orientación e xestión da innovación nos novos proxectos empresariais" toca reflexionar para tirarlle tódolo seu xugo.

E é que a xestión da innovación coma un elemento necesario sobre o que traballar dun xeito organizado e sistemático, é un concepto tan potente, tan preciso,  que ningún/ha emprendedor/a que se precie debe pasar por alto.

Porque, aínda que a sorte pode axudar, todo negocio de éxito baséase en traballo, traballo e máis traballo, dende o antes do seu nacemento ata a súa consolidación... e por iso emprendedores/as, temos que estar atentos/as e alerta a tódalas novas ferramentas, informacións e recursos que nos permitan manternos nun proceso de mellora constante.


Quedan sobre a mesa propostas de lectura como "El arte de la guerra" de Sun Tzu; "Fish" de John Christensen & Stephen London & Harry Paul, "Quién se ha llevado mi queso" de Spencer Johnson, "Hagakure" de Yamamoto Tsunetomo, e "La felicidad como ventaja", de Shawn Achor, feitas entre todos,  tra-la charla, nun ambiente máis relaxado no momento networking final.

Non podo pechar este resume sen agradecer especialmente as aportación de Esther Medraño González e Emma Martínez Ovín, socias de Vinculo Centro de Atención Temprana, que con sinceridade e grande madurez, compartiron cos asistentes a súa experiencia de emprendimento.



É unha sorte poder contar con todos vós, e xa empezo a contar os días para organiza-la seguinte edición do Aula do Emprendedor  ^_^.

Tirapadianting sempre, emprendedores/as!!!! =)




17 jul 2012

CREACIÓN DE PROXECTOS DE EMPRESA. BIC GALICIA.

Bos días!!!!

Na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Cangas seguimos enfocados/as no emprendemento.  Por esta razón, e froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Cangas e Bic Galicia, podemos ofrecervos no mes de setembro o curso "Creación de proxectos de empresa- Planificación Empresarial" , de 35 horas.

É unha acción formativa dirixida a emprendedores/as cunha idea empresarial previa. Esta idea se avaliará polo miúdo por cada promotor/a durante o curso, co obxecto de  estudia-la súa viabilidade económica, e saber polo tanto, de xeito previo, se terá éxito ou non.

As sesións realizaranse en horario de 9 a 14 horas na Casa de Oficios Lorenzo Corbacho, en Cangas.

Para poder participar, é necesaria a vosa preinscripción antes do día 24 de agosto, coma sempre, nas oficiñas da Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Cangas, ou ben por teléfono (986 301 371), ou mail (adlcangas@gmail.com).

Asemade, o día 5 de setembro Bic Galicia realizará unha entrevista obrigatoria previa para a avaliación dos proxectos participantes.



Programa:

Emprendedor e Empresa: 11/09/2012
O ámbito de actuación da empresa: 12/09/2012
Os procesos e a organización interna (I): 13/09/2012
Os procesos e a organización interna (II): 14/09/2012

Tutoría 1: Evaluación da memoria descriptiva do proxecto: 18/09/2012

A viabilidade económica e financeira da empresa (I): 24/09/2012
A viabilidade económica e financeira da empresa (II): 26/09/2012
A viabilidade económica e financeira da empresa (III): 28/09/2012

Tutoría 2: Avaliación do plan económico e financeiro: 01/10/2012

Máis información, aquí: "Curso de Creación de Proxectos de Empresa"

Nos vemos, emprendedores/as!!!





16 jul 2012

A XESTIÓN DA INNOVACIÓN. 26 DE XULLO NO AULA DO EMPRENDEDOR/A



Bos días!!!

Ríos de tinta corren en  medios de comunicación e publicacións de todo tipo sobre a INNOVACIÓN, e todo o que ela implica: creatividade, estratexia, coñecemento, enfoque, investigación... constituíndose en tendencia, en recurso imprescindible que debe manexar un/ha emprendedor/a, sobre todo en situacións de incertidume e escasez de recursos coma o actual.

A innovación é pois un elemento que debemos ter sempre presente nas nosas ideas, proxectos e reflexións.


O vindeiro xoves 26 de xullo o AULA DO EMPRENDEDOR contará coa axuda innestimable de David Sotelo Seguín,  consultor fiscal e de negocios en  masmetodo , así como a colaboración de Esther Medraño González e Emma María Martínez Ovin, socias de Vínculo Centro de Atención Temprana, cos/coas que traballaremos sobre o tema "Orientación e xestión da innovación nos novos proxectos empresariais"

Será, como sempre, de 10:30 a 12:00 horas, na Casa de Oficios Lorenzo Corbacho, gratuíta, e precisando-la vosa inscripción previa nas nosas oficiñas, ou ben por teléfono 986 301 371, ou mail: adlcangas@gmail.com.

Aquí vos deixo unha breve reseña do obradoiro.

Nos vemos  o día 26 de xullo emprendedores/as!!!! =)



"ORIENTACIÓN E XESTIÓN DE INNOVACIÓN NOS NOVOS PROXECTOS EMPRESARIAIS"

Misión e obxectivos:

Achega-los/as emprendedores/as da zona á innovación, e dotalos/as de ferramentas que lles permitan idear un negocio innovacior.

Os obxectivos serán:
- Explica-lo que significa innovación e por qué é necesario o seu uso actualmente
- Explica-lo que é un modelo de negocio
- Exposición do proxecto empresarial Vïnculo Centro de Atención Temprana coas súas dúas socias: Esther Medraño e Emma Martínez.

Metodoloxía:

O poñente introducirá ós/ás asistentes no concepto de innovación e a aplicación de feramentas para a xestión da mesmo.
A parte práctica  apoiará o componente divulgativo da charla por medio da análise un exemplo cercano innovador.

O emprego dun método para a xestión da innovación, permitirá ós/ás asistentes á charla coñecer de primeira man un sistema para:
- Dar forma a un negocio.
- Validar unha idea de negocio.
- Orienta-la innovación ó proceso creativo dun proxecto empresarial.

Orden do día: 

10:30: Presentación.
           Definición de innovación, relevancia actual e descripción dun modelo de negocio.
           Introducción ó funcionamento dun modelo de negocio e análise do proxecto empresarial    "Vínculo Centro de Atención Temprana"
           Consultas e conclusións.
12:00: Despedida e peche.


11 jul 2012

O "BOCA A BOCA" PARA ATOPAR EMPREGO


É un feito que apenas atopamos ofertas de emprego que se axusten ao noso perfil, ou directamente non encontramos ofertas de emprego. A pregunta que debemos facernos é se non hai ofertas ou se pola contra, non estamos buscando no lugar axeitado.

Neste novo escenario, unha gran porcentaxe de ofertas non se publican ou xa están asignadas antes de que comece a selección, existe un mercado de traballo oculto, ofertas de emprego que nunca ven a luz, que nunca chegan a publicarse pero que pola contra, acaban cubríndose.

As empresas víronse obrigadas a utilizar novas ferramentas (ou non tan novas se botamos unha ollada á historia no recrutamento de persoal) e modelos para captar a los candidatos/as idóneos/as.

Por qué gastar en caros procesos de selección cando os/as traballadores/as da organización poden resultar excelentes recrutadores/as, capaces de presentarnos candidatos e candidatas axeitados ao posto a cubrir? Nestes tempos que corren, quen non ten entre os seus familiares, amigos/as, coñecidos/as, colegas, etc. excelentes profesionais en transición?

Entonces cómo podo acceder a ese mercado oculto? Cómo podo participar del?.

Relacionándonos, está será a pedra angular do “networking”, continuamente estamos participando en actividades con descoñecidos/as, excursións, actividades de grupos, reunións profesionais, etc. Debemos saír da casa e participar en actividades sociais onde dar unha imaxe, onde mellorar a opinión persoal e profesional que os demais teñen de ti, pero o que é máis importante, onde facer aos demais partícipes da túa busca de emprego.

Fai un listado de contactos, descobre cantas persoas coñeces e organiza esa información, sorprenderaste da cantidade de persoas que podes incluír nesa lista, familiares próximos e afastados, amigos/as e amigos/as de amigos/as, coñecidos/as, veciños/as, pero tamén os relacionados co traballo, compañeiros/as anteriores, provedores/as, xefes/as etc.

Móstrate no mundo, se positivo/a e activo/a, non es un/ha desempregado/a máis, es un/ha profesional en transito, e esa é a información que debes transmitir a todos os teus contactos, aproveitando a más mínima ocasión para mostrar as túas capacidades persoais e laborais e buscar o momento axeitado para lanzar a túa mensaxe.

Pero que mensaxe transmito se estou desempregado/a, os meus amigos/as están desempregados/as, o panorama cada vez é peor? Isto é o último que debes transmitir, cada persoa ten a súa opinión da situación que estamos a vivir pero una cousa é segura, ninguén quere xente negativa o seu arredor, apostarías a túa reputación laboral na túa empresa recomendando a unha persoa que sempre se está a queixar de todo? Pois tampouco o fará a persoa á que transmitas esa mensaxe.

A mensaxe que debes transmitir debe ser clara e concisa, sempre cunha actitude positiva que todo o mundo saiba que estás en tránsito. Pensa en todas esas cousas que sempre queres facer pero non tes tempo cando estás a traballar: visitar zonas próximas (sorprenderíache a xente coa que podes chegar a coincidir nunha ruta de sendeirismo) ,visitar amigos/as, facer ese curso de fotografía que tanto te apaixona, mellorar o teu inglés, ou ampliar as túas destrezas laborais nese programa informático que se te resiste. Así cambiará a túa actitude, e cando teñas a oportunidade de facer “networking” falarás nun ton positivo sobre o que estás a facer, e así como quen  non quere a cousa, poderás informar que fas todo iso en tanto non encontras traballo de....

 “Se concreto/a . Un profesional non busca traballo de calquera cousa, busca unha profesión, pero e que ademais a mente humana é selectiva, o que quere dicir que se informas que buscas traballo de “cociñeiro” esa persoa pode facilitarche un contacto de “cociñeiro” pero eu aínda non vin ningún anuncio que diga “necesitase persoa para calquera cosa”, e ti?.

José María García Velázquez. Orientador laboral clube-3.

10 jul 2012

EMPRENDENDO....CON INTERPYME


Bos días emprendedores/as!!

Hoxe fai unha semana do  excelente obradoiro "Emprendendo...por onde empezar? Tendencias de mercado, sectores emerxentes e recursos endóxenos", impartido por Tito Iglesias e Mercedes Fernández de Interpyme.



No mesmo, nos enfocamos en puntos fortes e tendencias de mercado, analizando experiencias emprendedoras como "O Recuncho da Xoubiña", "A Caruxa", "Atalaia" e "Saramagal".

Vos deixo as recomendacións finais de Tito e Merchi para seguir desenvolvendo o noso espíritu emprendedor.

1. Toma o punto de vista do/a "cultivador/a"
2. Coñécete a tí mesmo/a.
3. Aprende a comunicar eficazmente, e desenvolve as túas habilidades comerciais.
4. Mantente atento/a ó teu entorno. Aficiónate a algo.
5. Viaxa.
6. Mantente activo/a, participa en actividades.
7. Fórmate.

Unha aperta a todos/as, e, xa sabedes, #Tirapadianting sempre! ;-)