Mostrando entradas con la etiqueta DESAPRENDER. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DESAPRENDER. Mostrar todas las entradas

11 abr 2012

PROFESIONALES EN TRÁNSITO

Durante moitos anos, buscar traballo xa era considerado un traballo en si, todo bo manual para buscadores de emprego, relataba e relata unha serie de tarefas de obrigado cumprimento,famosas foron as axendas onde anotar las accións diarias, semanais e mensuais na busca de emprego, as listas de contactos, de empresas onde deixar o C.V, etc.

Nesta realidade, que divide os medios de produción da forza do traballo, os profesionais eran considerados como entes estáticos, persoas que adquiriran unha formación e/ou experiencia que os capacitaba para exercer unha profesión, coa única obriga de encontrar ao empregador que lles permitira demostrar ditos coñecementos e destrezas aumentando os beneficios da organización nunha especie de simbiose de por vida.

Que se está a producir un cambio é innegable, que sexa a mellor ou a peor dependerá en boa medida de como sexamos capaces de adaptarnos a estes novos cambios, de cómo sexamos capaces de transitar dun modelo a outro.

Do mesmo xeito que a revolución industrial despobou o campo de man de obra para encher as industrias, que trouxo prosperidade e mellores condicións laborais, agora transitamos a un novo modelo que está a despoboar ditas industrias e desmontando o que ata agora coñecíamos.

A nova situación que estamos a vivir, obríganos a reinventarnos e moi probablemente o novo modelo que se aveciña nos obrigue a facelo de xeito continuado, dándolle un dobre sentido ao concepto de tránsito.

Tránsito porque tal e como se presenta o futuro, nada volverá a ser como antes,a nosa vida será un continuo tránsito, aprendendo e desaprendendo unha e outra vez obrigándonos a reinventarnos continuamente,  a pensar en novas ideas de negocio, a potenciar o talento, a innovación e o desenvolvemento.

E tránsito que nos obriga a estar a cabalo dun modelo e outro, desconcertados, como aquel labrego que tiña que abandonar el campo rumbo á cidade, ao descoñecido intentando descubrir que nos pode servir do que coñecemos, como aproveitar a nosa formación e experiencia, desconcertados porque nunca saberemos en qué momento e onde utilizar a nosa axenda de busca de emprego e en qué momento e onde utilizar a nosa capacidade de desaprender e aprender.

Ábrese un novo mundo de oportunidades, de ti depende adaptarte, superarte y aproveitar as bondades de todo cambio, ou pola contra quedar estancado en vellos modelos e estruturas caducas. O mundo está aí, ti estás aí, descubre un novo mundo a túa imaxe e semellanza.

Que a sorte te acompañe!

José María García Velázquez. Orientador laboral Clube do Emprego-3.