19 oct 2012

CÓMO SER AUTÓNOMO E QUE AS CONTAS CHE CADREN



Bos días emprendedores/as!!!

Continuamos co Aula do Emprendedor, mistura de networking e formación made in Concello de Cangas, coa que pretendemos acompañarvos e guiarvos na vosa tarefa de acadar  ou consolidar un autoemprego planificado e viable.

 Nesta ocasión  contaremos coa colaboración de Evaristo Fandiño da  asesoría TC-1 de Cangas, co obradoiro"Cómo ser autónomo e que as contas che cadren". Será o vindeiro martes, 30 de outubro,  como sempre, na Casa de Oficios Lorenzo Corbacho , situada na Avda. de Bueu nº15- entrechán, en horario de 10:30 a 12:00 horas.

Aquí vos deixo un guión dos principais puntos que se tratarán:

        * Como cheguei a ser autónomo/a.
                    Percorrido por a miña experiencia persoal como autónomo/a.
        * ¿Ser autónomo neste intre? pois claro.
                    Ventaxas e inconvintes.
        *Xa tomei a decisión ¿agora qué?
                    Estratexias a tomar
                  ¿Eu solo ou con socios?
                    O autónomo ante a Administración

Interesante, verdade? Eu non ma perdería!!

Como sabedes, é un evento gratuíto, mais  é necesario preinscribirse. O podedes facer vía mail a dlocal@cangas.org, por teléfono no 986 301 371, ou nas nosas oficiñas, situadas na Praza do Sinal nº5- 2º andar.

Esperamos contar convosco. Non desaproveitedes esta oportunidade de relacionarvos e retoma-las vosas aspiracións no campo do  emprendimento.




18 oct 2012

SEMINARIO CREACIÓN DE PROXECTOS DE EMPRESA IGAPE. CONCLUSIÓNS FINAIS.

Bos días amigos/as!!

Finalizado o Seminario de "Creación de Proxectos de Empresa", que se impartiu en Cangas entre o cinco de setembro  e o 3 de outubro de 2012, aproveitadas as 35 horas de formación teórica impartidas por  Manuel Somoza, consultor en SAGIDE S.L., e César Chacón de ANALIZATIS, e as dúas sesións de titoría asociadas ó mesmo polos profesores antes mencionados e por Ana Núñez, técnica no IGAPE, non podemos facer outra cousa que dicir... GRAZAS!


Grazas a profesores e titores/as pola súa cercanía, boas explicacións e profesionalidade. 

Grazas ó IGAPE pola súa colaboración e excelentes materiales de apoio.

Grazas ós vinteseis emprendedores e emprendedoras asistentes, que participaron activamente nas clases, fulminaron records de asistencia, e conseguiron  un ambiente lectivo dinámico e agradabel. 

E grazas tamén a Concelleira de Emprego Berta Pérez Hernández, que forzou un oco na súa axenda para facernos unha visita e coñecer, de primeira man, as necesidades dos/das emprendedores/as do municipio.

Non me esquezo dos alfajores de Manuel Rúa, emprendedor da rama da pastelería que aproveitou para testear e promociona-lo seu producto. Grazas especiais. =)

Esperamos seguir organizando actividades que nos deixen tan bó sabor de boca!!

Un saúdo emprendedores/as!!