16 abr 2012

LISTADO ETTs PONTEVEDRA

Luns, día sollío de primaveira tra-las vacacións de Semana Santa.... hoxe semella un bo día para retomar as visitas ás ETTs, organismos que non podemos esquecer se intentamos levar a cabo unha busca de emprego efectiva.

Para facilitarvos este trámite, aquí vos deixo un listado das principais empresas de traballo temporal da nosa zona.

Un saúdo e a por todas!!! =)







11 abr 2012

PROFESIONALES EN TRÁNSITO

Durante moitos anos, buscar traballo xa era considerado un traballo en si, todo bo manual para buscadores de emprego, relataba e relata unha serie de tarefas de obrigado cumprimento,famosas foron as axendas onde anotar las accións diarias, semanais e mensuais na busca de emprego, as listas de contactos, de empresas onde deixar o C.V, etc.

Nesta realidade, que divide os medios de produción da forza do traballo, os profesionais eran considerados como entes estáticos, persoas que adquiriran unha formación e/ou experiencia que os capacitaba para exercer unha profesión, coa única obriga de encontrar ao empregador que lles permitira demostrar ditos coñecementos e destrezas aumentando os beneficios da organización nunha especie de simbiose de por vida.

Que se está a producir un cambio é innegable, que sexa a mellor ou a peor dependerá en boa medida de como sexamos capaces de adaptarnos a estes novos cambios, de cómo sexamos capaces de transitar dun modelo a outro.

Do mesmo xeito que a revolución industrial despobou o campo de man de obra para encher as industrias, que trouxo prosperidade e mellores condicións laborais, agora transitamos a un novo modelo que está a despoboar ditas industrias e desmontando o que ata agora coñecíamos.

A nova situación que estamos a vivir, obríganos a reinventarnos e moi probablemente o novo modelo que se aveciña nos obrigue a facelo de xeito continuado, dándolle un dobre sentido ao concepto de tránsito.

Tránsito porque tal e como se presenta o futuro, nada volverá a ser como antes,a nosa vida será un continuo tránsito, aprendendo e desaprendendo unha e outra vez obrigándonos a reinventarnos continuamente,  a pensar en novas ideas de negocio, a potenciar o talento, a innovación e o desenvolvemento.

E tránsito que nos obriga a estar a cabalo dun modelo e outro, desconcertados, como aquel labrego que tiña que abandonar el campo rumbo á cidade, ao descoñecido intentando descubrir que nos pode servir do que coñecemos, como aproveitar a nosa formación e experiencia, desconcertados porque nunca saberemos en qué momento e onde utilizar a nosa axenda de busca de emprego e en qué momento e onde utilizar a nosa capacidade de desaprender e aprender.

Ábrese un novo mundo de oportunidades, de ti depende adaptarte, superarte y aproveitar as bondades de todo cambio, ou pola contra quedar estancado en vellos modelos e estruturas caducas. O mundo está aí, ti estás aí, descubre un novo mundo a túa imaxe e semellanza.

Que a sorte te acompañe!

José María García Velázquez. Orientador laboral Clube do Emprego-3.