29 nov 2015

Xornadas de Agroecoloxía 26 de Novembro


Bos días amigos!!

TERRAS SEN USO, RECURSO PARA UN NOVO CURSO
VELLAS TERRAS PARA UN NOVO CURSO DAS COUSAS

O pasado xoves, 26 de novembro tivemos como participantes a diferentes entidades que nos mostraron as súas vivencias, como son:

ADR Mariñas-Betanzos. Trátase dunha Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas- Betanzos que desenvolve o Plan Alimentario dentro do cal se están implementando unha Bolsa de Terra e iniciativas de fomento da producción e consumo local.

Amigos da Terra. É unha entidade ecoloxista que expón iniciativas que desenvolve a través de proxectos de hortas comunitarias, sempre tendo en conta a educación ambiental e a concienciación cidadá.

Verxel de Coiro. É unha iniciativa local de Cangas que se basea nos produtos de horta agroecolóxica, sostible e que respeta o medio ambiente.


19 nov 2015

Difusión Xornadas Naturalmente Cangas: agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local



Bos días emprendedores/as!!
A agricultura ecolóxica e o consumo responsable son conceptos en alza nunha sociedade que valora cada vez máis o séu carácter de actividade respectuosa co medio ambiente e coa saúde das persoas. Esta demanda crecente por parte dos consumidores supón unha oportunidade para as pequenas explotacións agrarias e negocios complementarios, favorecendo o mantemento de formas de vida dignas e sostibles no medio rural.
Por esta razón o Concello de Cangas, consciente dos seus recursos naturais e humanos nalgúns casos pouco aproveitados, con terras de cultivo sen uso que requiren de iniciativas mobilizadoras impulsa estas Xornadas: NATURALMENTE CANGAS: AGROECOLOXÍA, CONSUMO RESPONSABLE E DESENVOLVEMENTO LOCAL, co obxecto de dar difusión a experiencias de aproveitamento de recursos locais, e outras  que se desenvolven noutros espazos que comparten similitudes con Cangas.

TRÍPTICO:



 CARTAZ:

Os obxetivos principais son:
-         Crear un espazo de reflexión e participación cidadán entorno ó aproveitamento dos recursos locais.
-         Difusión de iniciativas innovadoras no campo da agroecoloxía, a integración social e a valorización patrimonial.
-         Fomento de novas oportunidades laborais a partir de recursos endóxenos.
-         Mellorar a calidade de vida dos veciñ@s.
-         Creación de redes de traballo.

Estructurouse en catro sesións, en horario de 19:00 a 21:00 horas.
Queremos darlle difusión, para que si o considerades oportuno, asistades e asemade compartades o contido das mesmas cos vosos contactos.
A inscripción non é obrigatoria, pero facilitaría a nosa labor debido ás limitacións de aforo do lugar onde se realizan: O Salón de Plenos do Concello de Cangas. 
Agardamos a vosa presenza.

Saúdos!!