19 nov 2015

Difusión Xornadas Naturalmente Cangas: agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local



Bos días emprendedores/as!!
A agricultura ecolóxica e o consumo responsable son conceptos en alza nunha sociedade que valora cada vez máis o séu carácter de actividade respectuosa co medio ambiente e coa saúde das persoas. Esta demanda crecente por parte dos consumidores supón unha oportunidade para as pequenas explotacións agrarias e negocios complementarios, favorecendo o mantemento de formas de vida dignas e sostibles no medio rural.
Por esta razón o Concello de Cangas, consciente dos seus recursos naturais e humanos nalgúns casos pouco aproveitados, con terras de cultivo sen uso que requiren de iniciativas mobilizadoras impulsa estas Xornadas: NATURALMENTE CANGAS: AGROECOLOXÍA, CONSUMO RESPONSABLE E DESENVOLVEMENTO LOCAL, co obxecto de dar difusión a experiencias de aproveitamento de recursos locais, e outras  que se desenvolven noutros espazos que comparten similitudes con Cangas.

TRÍPTICO:



 CARTAZ:

Os obxetivos principais son:
-         Crear un espazo de reflexión e participación cidadán entorno ó aproveitamento dos recursos locais.
-         Difusión de iniciativas innovadoras no campo da agroecoloxía, a integración social e a valorización patrimonial.
-         Fomento de novas oportunidades laborais a partir de recursos endóxenos.
-         Mellorar a calidade de vida dos veciñ@s.
-         Creación de redes de traballo.

Estructurouse en catro sesións, en horario de 19:00 a 21:00 horas.
Queremos darlle difusión, para que si o considerades oportuno, asistades e asemade compartades o contido das mesmas cos vosos contactos.
A inscripción non é obrigatoria, pero facilitaría a nosa labor debido ás limitacións de aforo do lugar onde se realizan: O Salón de Plenos do Concello de Cangas. 
Agardamos a vosa presenza.

Saúdos!!