Bos días amigos!!
TERRAS SEN USO, RECURSO PARA UN NOVO CURSO
VELLAS TERRAS PARA UN NOVO CURSO DAS COUSAS
O pasado xoves, 26 de novembro tivemos como participantes
a diferentes entidades que nos mostraron as súas vivencias, como son:
ADR Mariñas-Betanzos. Trátase dunha Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas- Betanzos que
desenvolve o Plan Alimentario dentro do cal se están implementando unha Bolsa
de Terra e iniciativas de fomento da producción e consumo local.
Amigos da Terra. É unha entidade ecoloxista que expón
iniciativas que desenvolve a través de proxectos de hortas comunitarias, sempre
tendo en conta a educación ambiental e a concienciación cidadá.
Verxel de Coiro. É
unha iniciativa local de Cangas que se basea nos produtos de horta
agroecolóxica, sostible e que respeta o medio ambiente.