26 abr 2011

CONSELLOS PARA EVITAR ESTAFAS NA BUSCA DE EMPREGO

Onte pola tarde, puxen a tele, e nun programa destes de reality baseados en testimonios, unha nai contaba, desesperada, coma os seus fillos e o seu marido, en desemprego, foran enganados por falsas empresas que quitaron proveito económico do seu desexo de atopar un traballo.

Ao marxe da dudosa credibilidade deste tipo de magacines, que operan en base a obxectivos de audiencia, o problema prantexado era real, e cada vez máis frecuente.

Non sei se existen mecanismos legais contundentes para frear este tipo de prácticas abusivas, pero a información e o senso común son as nosas mellores armas para, dende os feitos, evita-la súa proliferación.

A continuación vos deixamos unha serie de consellos, que vos farán reflexionar e estar sempre alerta, buscadores/as, dende a atalaia do coñecemento.




CONSELLOS PARA EVITAR FALSOS ANUNCIOS - ESTAFAS EN LIÑA – E ABUSO DO TRABALLO

En tempos de desemprego os anuncios, e os procesos de selección, utilízanse, nalgúns casos para fins fraudulentos, totalmente distintos ós que lle corresponderían. A continuación detallamos unha serie de casos ben coñecidos, e algúns consellos para detectar os falsos anuncios de emprego:

1. Desconfía dos < traballe dende casa > : sobor de todo cando pidan un desembolso económico previo.
2. Ollo cos centros de estudio que ofrecen emprego coa condición de matricularse previamente nun curso. En realidade o que buscan e conseguir o maior número posible de alumnos.
3. Coidado coas empresas de selección que piden cubrir extraños formularios con demasiada información de tipo persoal. Lembra que a información é poder, e poden estar simplemente, buscando información de balde para promocionar productos ou servizos.
4. Atento/a ós anuncios moi xenéricos, que enumeran poucos requisitos ou son moi vagos: ambición, ganas de progresar, dinamismo e cousas polo estilo. Serán con toda probabilidade de perfil comercial e ingresos incertos.
5. Desconfía si o enderezo de contacto que figura no anuncio non te parece lóxico, ou so aparece un número de teléfono que empece por 806 (liñas de pago)
6. Non respondas a ningún anuncio de traballo que requira o teu número de tarxeta de crédito.

19 abr 2011

OPTIMICEMOS OS NOSOS RECURSOS NA BUSCA DE EMPREGO.

O proceso de busca de emprego é, por definición, incerto, tedioso, desmotivante e agotador, e se necesitan grandes doses de autoestima e planificación para dar o cen por cen, nun proceso no que vemos o inicio e o presente, pero non somos quen de vislumbrar cando acadaremos a nosa meta.

Por todo iso é fundamental manterse activo/a, alerta, e cunha actitude aberta ó autoanálise e á mellora constante.

Aquí vos deixo, buscadores/as, un exemplo de cuestionario que nos permite avaliar o noso traballo diario como demandantes activos de emprego, e nos da pistas de como optimiza-lo proceso.

Busquemos a excelencia, esforcémonos, loitemos no convencimento de que estamos facendo todo o posible por acadar o noso obxectivo... e chegaremos á meta sin darnos conta!!!


Autoanálise para a busca de emprego


1. Coñeces as saídas profesionais da túa titulación?
Si □ Non □

2. En qué sector profesional buscas emprego?
........................................................................................................................................................................................

3. Tes un obxectivo profesional definido?
Si □ Non □

4. Onde te ves dentro de cinco anos?
........................................................................................................................................................................................

5. Adicas un tempo á semana á busca de emprego?
Si □ Non □

6. Te organizas para la busca de emprego (axenda de busca, arquivo de C.V. enviados...)?
Si □ Non □

7. Coñeces a situación actual do teu sector profesional no mercado de traballo?
Si □ Non □

8. Sabes ónde buscar emprego? Enumera tres recursos ou fontes de información que utilices
........................................................................................................................................................................................

9. Estás apuntado/a nalgunha bolsa de emprego?
Si □ Non □

10. Sabes qué é o que máis se valora no proceso de selección?
Si □ Non □

11. Sabes cómo elaborar un curriculum vitae orientado os teu logros?
Si □ Non □

12. Sabes cales son os puntos fortes e os puntos débiles do teu currículum?
Si □ Non □
13. Qué dificultades tes ó enfrentarte a unha entrevista de selección?
........................................................................................................................................................................................
14. Qué tipo de probas de selección coñeces? Enuméraas
........................................................................................................................................................................................
15.Pensas que atopar emprego depende fundamentalmente de ti?
Si □ Non □

Si respondeches negativamente á maioría das cuestións, non soubeches moi ben qué contestar ou tiveches dificultades nas tuas respuostas, pode ser que necesites axuda para buscar emprego.

4 abr 2011

AFIPRODEL: DESENVOLVEMENTO LOCAL EXEMPLAR NA COSTA DA MORTE

Asombrada, deslubrada, motivada e inspirada...así é a miña volta á rutina diaria despois do congreso "Marco de Oportunidades para o Desenvolvemento Local"  organizado por Afiprodel en Vimianzo e Corcubión.




Boa organización, excelente programa, trato agradable...e moitas  ideas anotadas no apartado de "pendentes" ás  que darlle unha volta nas próximas semanas. Non se pode pedir máis!

Agradecer  a Afiprodel  a súa iniciativa, especialmente valiosa en momentos como o actual, de cambios e axustes, e manifestarlle que conten conmigo para posibles vindeiras edicións, esta vez como oínte, notebook en man e vida familiar conciliada.

Unha aperta a todos/as.

31 mar 2011

MAÑÁN NOS IMOS A CORCUBIÓN!!!

Bos días a todos/as,

Quería facer unha breve entrada para comentarvos que mañá venres, 1 de abril , imos participar, como Axencia de Desenvolvemento Local de Cangas, nun congreso,  para falar do noso proxecto"Clube do Emprego de Cangas ", e animar a outros concellos a que poñan en marcha iniciativas deste tipo para crear emprego a nivel local.



O facemos porque estamos contentas cos resultados, agradecidas pola  vosa acollida e colaboración, e convencidas de que todavía se pode facer máis e mellor.

Tamén o facemos, evidentemente,  porque a nosa comunicación  foi seleccionada de entre 42 participantes, polos organizadores do congreso Marco de Oportunidades para o Desenvolvemento Local, coma unha boa práctica.

Aquí vos deixamos máis información ...    http://www.afiprodel.org/

Exporemos aproximadamente ás 12:00 horas ( por si alguén se quere achegar).

Pois nada, vos contamos á volta... bo fin de semana!!!

28 mar 2011

RESULTADOS ENQUISAS CLUBE-2



Bos días a todos/as!!!

O prometido é débeda, e hoxe, a golpe de luns, imos publicar os resultados das enquisas de satisfacción do servizo "Clube de Emprego-2".

 Como sabedes, estas enquisas se enviaron, por correo electrónico ós/ás socios/as do Clube, que tiñan que contestar nun prazo máximo de semana e media para que as súas aportacións puidesen ser contabilizadas.

O cuestionario consistía en tres preguntas pechadas, que incluían unha valoración  dos servizos ofrecidos, a intencionalidade de participar ou non en futuras edicións, e a valoración da satisfacción xeral obtida, e unha pregunta aberta de suxerencias.

O tamaño da mostra foi de  365 persoas, é dicir, ó número de socios do clube con correo electrónico, e se recibiron un total de 104 respostas, o que supón un 28% de participación. Moi ben!!!.Grazas a todos/as.

Bueno, imos coa información cuantitativa. Aquí vos publico a vosa valoración sobre os temas tratados.
Estes son, en porcentaxes, os resultados á valoración dos servizos prestados polo Clube:
  • Orientación laboral
  • Envío de ofertas por e-mail
  • Charlas de motivación, entrevista de traballo, autoestima..
  • Sesións formativas de contido informático
  • Consulta de dossiers
  • Perfil de facebook

Podemos destacar que os servizos que vos parecen máis interesantes, os que calificades cunha maior frecuencia coma "moi útiles", son , en orde: o envío de ofertas por e-mail, a elaboración de dossiers, e a orientación laboral e o perfil de facebook.

A segunda pregunta prantexada, ten resultados aplastantes, pois un 94% dos/as usuarios/as repetirían nunha vindeira edición. Bueno, esperamos que xa estedes traballando e non o necesitedes ;-).


 A terceira cuestión, o grado de satisfacción xeral, revela que  hai cousas que mellorar, afortunadamente,  e o dato de que un 89% dos/as usuarios/as están satisteitos/as e moi satisfeitos/as, nos parece enormemente positivo.
 
Por último, respecto ó apartado de suxerencias, agradece-lo voso traballo de reflexión, e dicirvos que as teremos moi en conta para o deseño de futuras edicións.

5 mar 2011

BENVIDOS/AS Ó NOSO BLOG!!!


Quén no-lo ía dicir fai un ano: perfil en Facebook, Twitter, Blog....

Paso a paso a ímonos incorporando ás novas tecnoloxías, como xeito de poñernos en contacto con persoas coma vós:  emprendedores/as, buscadores/a de emprego, estudantes, empresas, organizacións, poboación en xeral, porque estamos na era do global, e porque chegamos a un punto en que xa non nos apetece quedarnos mirando dende a barreira,  queremos facer camiño e que sexades  partícipes dos nosos progresos e as nosas caídas.

Porque non se nos ocurre outro xeito de crecer que atreverse, expoñerse, e tirar, así que.... comenzamos... xa!