26 abr. 2011

CONSELLOS PARA EVITAR ESTAFAS NA BUSCA DE EMPREGO

Onte pola tarde, puxen a tele, e nun programa destes de reality baseados en testimonios, unha nai contaba, desesperada, coma os seus fillos e o seu marido, en desemprego, foran enganados por falsas empresas que quitaron proveito económico do seu desexo de atopar un traballo.

Ao marxe da dudosa credibilidade deste tipo de magacines, que operan en base a obxectivos de audiencia, o problema prantexado era real, e cada vez máis frecuente.

Non sei se existen mecanismos legais contundentes para frear este tipo de prácticas abusivas, pero a información e o senso común son as nosas mellores armas para, dende os feitos, evita-la súa proliferación.

A continuación vos deixamos unha serie de consellos, que vos farán reflexionar e estar sempre alerta, buscadores/as, dende a atalaia do coñecemento.




CONSELLOS PARA EVITAR FALSOS ANUNCIOS - ESTAFAS EN LIÑA – E ABUSO DO TRABALLO

En tempos de desemprego os anuncios, e os procesos de selección, utilízanse, nalgúns casos para fins fraudulentos, totalmente distintos ós que lle corresponderían. A continuación detallamos unha serie de casos ben coñecidos, e algúns consellos para detectar os falsos anuncios de emprego:

1. Desconfía dos < traballe dende casa > : sobor de todo cando pidan un desembolso económico previo.
2. Ollo cos centros de estudio que ofrecen emprego coa condición de matricularse previamente nun curso. En realidade o que buscan e conseguir o maior número posible de alumnos.
3. Coidado coas empresas de selección que piden cubrir extraños formularios con demasiada información de tipo persoal. Lembra que a información é poder, e poden estar simplemente, buscando información de balde para promocionar productos ou servizos.
4. Atento/a ós anuncios moi xenéricos, que enumeran poucos requisitos ou son moi vagos: ambición, ganas de progresar, dinamismo e cousas polo estilo. Serán con toda probabilidade de perfil comercial e ingresos incertos.
5. Desconfía si o enderezo de contacto que figura no anuncio non te parece lóxico, ou so aparece un número de teléfono que empece por 806 (liñas de pago)
6. Non respondas a ningún anuncio de traballo que requira o teu número de tarxeta de crédito.