Asombrada, deslubrada, motivada e inspirada...así é a miña volta á rutina diaria despois do congreso "Marco de Oportunidades para o Desenvolvemento Local" organizado por Afiprodel en Vimianzo e Corcubión.
Boa organización, excelente programa, trato agradable...e moitas ideas anotadas no apartado de "pendentes" ás que darlle unha volta nas próximas semanas. Non se pode pedir máis!
Agradecer a Afiprodel a súa iniciativa, especialmente valiosa en momentos como o actual, de cambios e axustes, e manifestarlle que conten conmigo para posibles vindeiras edicións, esta vez como oínte, notebook en man e vida familiar conciliada.
Unha aperta a todos/as.