25 jun. 2012

EMPRENDENDO...POR ÓNDE EMPEZAR? RETOMAMOS O AULA DO EMPRENDEDOR/A.


Chega o verán, un momento no que emprendedores/a e buscadores/as deberemos estar máis atentos/as que nunca para poder detectar oportunidades que nos permitan acadar ou crear o emprego que procuramos.

 Por ese motivo,  o Concello de Cangas volta a poñer en funcionamento a AULA DO EMPRENDEDOR.

Neste caso, grazas a un acordo de colaboración  entre Concello de Cangas, Fecimo e as principais asesorías e consultorías do municipio, os/as emprendedores/as do municipio e persoas interesadas polo autoemprego en xeral, poderán acudir de xeito gratuíto a uns obradoiros prácticos e interactivos que axuden a aclarar dúbidas e doten  ós/ás asistentes de formación específica neste tema.

Comezaremos o martes 3 de xullo co obradoiro “Emprendendo... por ónde empezar”, impartido por Tito Iglesias Pastoriza e Mercedes Fernández Gestido, da empresa Interpyme, ás 10:30 horas na Casa de Oficios Lorenzo Corbacho en Cangas. Queredes saber de qué vai??




Emprendendo…¿por onde empezar?  Tendencias de mercado, sectores emerxentes e recursos endóxenos.


Na cabeza do emprendedor/a descorren numerosas ideas, unhas poucas  poden derivar en proxectos e algún deses proxectos poden concluír nunha iniciativa empresarial.

As ideas emprendedoras non xorden gratuitamente, solen nacer a partir da observación do entorno,  da captación de tendencias e oportunidades que nos ofrece o territorio, a sociedade, a economía, etc. unido ás propias capacidades e formación do emprendedor/a.

Así pois, é preciso mellorar a sensibilidade e capacidade dos emprendedores/as para detectar e captar oportunidades de negocio a partir de tendencias do entorno e outras experiencias empresariais.


Obxectivos

§         Saber identificar os puntos fortes do emprendedor/a.
§         Mellorar a sensibilidade e capacidade de identificar tendencias,  oportunidades e recursos endóxenos.
§         Favorecer a actitude e a sensibilidade emprendedora.
§         Dar a coñecer o concepto de proposta de valor.
§         Identificar as fases previas a una iniciativa emprendedora.


Metodoloxía

Os poñentes coñecen de primeira man experiencias emprendedores que recentemente se deron no noso entorno. A partir destes casos  se  establecerá un diálogo cos asistentes cara a identificar os puntos fortes e as tendencias que favorecen o desenvolvemento de tales proxectos. Este diálogo servirá para activar mentalmente os participantes, clarificar conceptos e mellorar a capacidade para identificar ideas emprendedoras.


Programa

  • Presentación
  • Introdución dós conceptos: fortalezas, oportunidade e proposta de valor.
  • Exposición de pequenas experiencias emprendedoras do noso entorno, análise e diálogo cós participantes.
  • As fases previas a una iniciativa emprendedora.
  • Conclusións
  
Dirixido a  empresarios e potenciais emprendedores


Data: Martes 3 de xullo de 2012
Lugar: Casa de Oficios Lorenzo Corbacho
Hora: 10:30 horas
Duración aproximada: 1 hora e media.
Necesaria preinscripción nas oficiñas da Axencia de Desenvolvemento Local de Cangas.

ESPERÁMOSVOS!!!