7 jun 2012

CONSELLOS PARA QUE O TEU CURRÍCULO DESTAQUE


Bos días!!

O que sabemos todos/as hoxe en día é que para a maioría das ofertas de traballo hai moitas candidaturas para un mesmo posto, pero non por iso imos a deixar de presentar o noso currículo. 
O noso obxectivo é conseguir unha entrevista,  pero...¿ qué podemos facer para que o noso currículo destaque de entre os demáis? 

De seguido daremos algúns consellos:


·        Hai que coidar a presentación. Aínda que pareza obvio, debe estar escrito a ordenador, sen faltas de ortografía e sen tachóns. Por poñer un exemplo: se cambiaches de número de teléfono,tes que facer un novo currículo, non taches o anterior e o poñas a man, pois da mala imaxe.

·        Á hora de redactalo, debes elixir unha letra normal (arial, times new roman…)porque senón dificultarás a lectura, e dun tamaño de ata 12 puntos, e manter as marxes.

·        Resalta o máis importante, como os datos persoais: debes deixalos ben claros. O nome e sobre todo o medio de contacto, ben sexa o teléfono ou/e o email.

·        O CV ten que ser claro e conciso. O que queremos dicir é que evites usar frases que non aporten nada ou frases feitas.

·        Como saberás xa, o CV non debe ter máis de dúas páxinas, preferiblemente debe ter unha. No caso de que teñas moita experiencia ou/e formación, e non te colle nunha soa páxina, non debes comprimir a información, posto que tampouco se vería moi ben nin se entendería, incluso daría mala imaxe, neste caso, o que poderías facer é poñer a experiencia ou a formación referida ao posto.

·        Usa palabras curtas e frases breves para evitar erros de comunicación cando redactes o currículo. E tamén evita as abreviaturas porque se non son moi obvias pode inducir ao erro.

·       Inclúe unha foto actual e de tamaño carné, destinada para o currículo. Preferiblemente posta arriba á  dereita,posto que é máis visible.

·        Non esquezas adapta-lo currículo a cada oferta de emprego que o envíes. E aínda que  fagas autocandidatura tamén o debes adaptar, ¿cómo? pois investigando a empresa, sabendo qué postos existen nela,  para saber que perfil poden precisar.

Jenifer Cristóbal Fernández. Orientadora laboral.