22 mar. 2012

AVALIEMOS A NOSA PROCURA DE EMPREGO



Á hora de atopar un emprego, é fundamental que manteñamos unha actitude de autoavaliación constante que nos permita detectar posibles melloras que incorporar ó nosos hábitos. 
Temos moitas ferramentas ó noso alcance. Realmente estamos aproveitando todas elas?

Aquí vos deixamos unha check-list:

  •   Servizo Galego de Colocación: Neste servizo podemos atopar ofertas de emprego e ofertas de formación. Tamén dispón dunha páxina web: www.emprego.xunta.es na que podemos consultar os seus servizos.
  • As Empresas de Traballo Temporal (ETT), estas son servizos de intermediación entre a empresa contratante e os buscadores de emprego.Tamén teñen buscadores de ofertas de emprego a través das súas páxinas web.
  • Bolsas de Emprego; trátase dun listado que teñen algunhas empresas para cubrir postos de forma eventual, ven sexa para cubrir baixas, vacacións, etc…Estas dánse tanto nas empresas privadas como no sector público, neste último caso, o máis habitual son as listas de substitución.
  • Autocandidatura, é dicir a visita directa a empresas para entrega-lo  noso currículo. Antes de comezar é importante que fagamos unha lista das empresas interesantes, e que coñezamos un pouco a actividade da empresa antes de enviarllo.A autocandidatura ata o de agora é a máis usada pero a máis frustante, pois non se conseguen resultados inmediatos, senón que se poden conseguir a longo prazo, pero é igualmente efectiva. A autocandidatura, como sabemos, normalmente faise de forma presencial, pero é ben certo que tendo internet é máis facil, así que outra posibilidade é envialo por email. Ou ben,se teñen páxina web, pois por medio da web.Unha das preguntas máis frecuentes é: pódese repetir a autocandidatura na mesma empresa na que xa o fixemos? Pois si, pódese, pero non todas as semanas, senón cada 2 ou 3 meses, ou ben nos enteramos que hai unha oferta de emprego, ou, dependendo do sector, se comeza unha tempada alta, tamén podemos volver a deixar o currículo. Para isto hai que levar un control das empresas as que llo enviamos.
  • Rede de Contactos ou Networking: é un recurso complementario que nunca debe faltar na nosa busca planificada de emprego. Se trata de que a  xente que coñezamos saiba que estamos buscando emprego e qué emprego buscamos, para que si saben dalgún posto vacante nos avisen para poder poñernos en contacto coa empresa para ocupar ese posto ou ben nos recomenden. Para poder sacarlle partido a rede é recomendable que fagamos unha lista coa xente que coñezamos; primeiramente os familiares, amigos, coñecidos, antigos compañeiros de traballo, xefes...e cos datos que consideredes importantes, por exemplo; o seu teléfono de contacto e/ou o mail, se está traballando, e en que sector ou está desempregado, etc. Hai que decatarse de que nós tamén formamos parte da rede, e debemos facelo mesmo cos demais se queremos recibir resposta.

Así pois,  aínda que hoxe en día atopar o emprego que buscamos non é doado, é posible, simplemente debemos organiza-lo tempo que invertimos en buscar emprego, para que sexa efectivo, non esquecer que , un dos fallos que cometemos todos cando comezamos é tentar facelo todo nun mesmo día,  e despois deixalo por semanas. A clave é a constancia.

Jenifer Cristóbal Fernández. Orientadora laboral.