21 dic. 2011

CANGAS COA PROMOCIÓN DO EMPRENDIMENTO

<a href="http://www.foto-gratis.es">Foto Gratis</a>



Bos días!

Sobre todo con esta que está caendo estes días, dende a Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Cangas continuamos coa idea do autoemprego como forma de mellora-la nosa realidade neste contorno xeral  de crise e abatimento.

Temos  en conta o voso grande acollemento ós diversos seminarios  celebrados coa colaboración de Bic- Balicia “Seminario de Motivación Emprendedora”, "Mesa Redonda de Motivación Emprendedora" e "Seminario de Xeración e Maduración de Ideas", impartidos entre os meses de outubro e decembro de 2011, e imos continuar avanzando neste camiño xa con medios propios, buscando artellar unha rede de emprendedores/as sólida e con contido.

É por iso que vos propoñemos participar connosco nunha serie de acións formativas que melloren as vosas habilidades como emprendedores/as

Crearemos un lugar de encontro onde poder compartir, desenvolver e experimentar habilidades e capacidades como  confianza en nós mesmos, creatividade, superación do fracaso, o risco ou a capacidade de acción, de aprender e desaprender, de pescudar, etc.

En definitiva habilidades, coñecementos e actitudes que todos debemos levar na nosa mochila, poñelas en práctica ante unha oportunidade de negocio, desenvolvelas e amplialas e como non, compartilas.

Ímosvos propoñer tres datas de encontro cun componente global, a idea de “emprender” focalizando en cada un deles as habilidades e capacidades dun bo emprendedor ou emprendedora.

Contamos convosco!

Luns 26 de decembro de 2011. Casa de Oficios Lorenzo Corbacho. Entre as10:00 e as 12:00 horas, traballando Risco, Superación do Fracaso e Confianza.

Xoves 29 de decembro de 2011. Casa de Oficios Lorenzo Corbacho. Entre as 10:00 e as 12:00 horas  , reforzando  Motivación, Creatividad, Capacidad de Acción.

Martes 10 de xaneiro de 2012. Casa de Oficios Lorenzo Corbacho. 10:00 – 12:00, ocupándonos de Flexibilidade, Capacidade de Aprender e Desaprender, Pescudar.


Interesante, verdade?

Necesaria inscripción previa nas nosas oficiñas ou vía mail adlcangas@gmail.com ou facebook http://www.facebook.com/adlcangas.